culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Catrocentos orixinais amosarán en Compostela a evolución da BD galega desde 1973
bdgNoticias

A BD NUNHA SALA

Catrocentos orixinais amosarán en Compostela a evolución da BD galega desde 1973


27 / 2 / 2008
Santiago. Redacción
Enviar a Chuza   Enviar a Delicious   Ver blogs que enlazan aquí    Traducir   Imprimir   Enviar  

O Auditorio de Galicia acolle, a partir do vindeiro seis de marzo, a mostra “Historieta galega 1973-2008”. Esta obra percorre, a través duns catrocentos orixinais a evolución da novena arte no noso país tomando coma punto de partida a histórica mostra que organizou, hai 35 anos, a Asociación Cultural O Galo tamén en Compostela. Canda ao traballo dos autores, o público poderá ver unha selección de publicacións e participar en obradoiros e visitas guiadas. De xeito paralelo organízase programa de clases maxistrais que quere formar autores galegos coa colaboración de autores coma Miguelanxo Prado, Carlos Portela e Carlos Giménez, ou o impresor Antonio Vázquez. Os interesados teñen ata o sete de maio para enviar os seus proxectos, e deberán pagar cen euros para participar. O proxecto xorde da colaboración entre a Concellaría de Cultura, a Consellaría de Cultura e o Auditorio de Galicia, coa participación da Dirección Xeral de Xuventude e da Fundación Feima, e foi comisariada por Fausto Isorna e Gemma Sesar.

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

As edicións limitadas de Grimm Fairy Tales contan co traballo do vigués
Norberto Fernández asina capas para unha serie americana de BD
O noso país ocupa o undécimo posto entres todas as comunidades autónomas
O índice de lectura medra e alcanza o 54,9 por cento
Están dispostos a abrir o recinto se o Concello cobre a vixilancia
Os donos do castelo de Pambre rebaixan a súa proposta de alugueiro
A convoatoria de axudas do sector audiovisual centra un novo número de E_scena
Quiosco: E_scena
O certame cumpre neste 2010 quince anos de existencia
O Festival de Cine de Ourense estende a súa programación ao resto do ano
Malia a existencia dunha fenda, os técnicos non consideran que o monumento corra perigo
Patrimonio intervén de urxencia na Torre do Reloxo de Betanzos
Jose Dávila reflexiona sobre o espazo e a arquitectura no MARCO
De anexo do museo, a anexo da rúa
Arqueoloxía e literatura contribúen á documentación das receitas gastronómicas
Receitas con historia
A convocatoria sairá publicada no DOG nos vindeiros días
AGADIC volve convocar as axudas ao sector audiovisual por importe de 7.1 millóns de euros
A proposta quere regular o emprego do galego nas administracións e no ensino
Queremos Galego promove unha iniciativa lexislativa a prol do galego
O autor adianta a vindeira publicación do número 1 de Sinónimos de lucro
David Buceta achega unha BD ao proxecto La taberna del escocés
É unha construción civil de estilo gótico isabelino
A Xunta destina 300.000 euros a rehabilitar a fortaleza de Tovar
O edificio aínda terá que pasar por obras de adaptación
A capela de San Roque de Sada pasará a ter uso cultural
O encontro levará por título Ut(r)ópicos
A Bienal de Pontevedra comeza a súa XXXI edición en ARCO
A achega económica do turismo cultural supón un 2,5% do PIB galego
Observación: As cifras do turismo cultural
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org