Unha nova versión da portada é a achega que fai David Rubín á segunda edición da súa obra El circo del Desaliento. A editora vasca Astiberri anuncia que o novo lanzamento sairá a coincidir co Saló del Còmic de Barcelona. Ao tempo, a editorial sinala que está en proceso de elaboración a edición italiana de La tetería del oso malayo, que sairá da man da editora Tunué.