Malia á súa situación periféria no contexto internacional, Galiza está a demostrar que é unha terra fecunda para a banda deseñada. O país, dentro do carácter minoritario da novena arte, conta cunha esforzada tradición de autores que se remonta aos anos setenta e que raramente conseguiron destacar fora das propias fronteiras, con excepcións destacadas coma Miguelanxo Prado ou, máis recentemente, Tirso Cons, Fran Bueno, Javi Montes ou David Rubín. No entanto, desde o comezo do século XXI, unha xeira de iniciativas está a conseguir amosar a capacidade creativa e (aínda de xeito tímido) editorial da cultura galega neste eido. Nos últimos anos, autores e publicacións xurdidas deste país están a conseguir o recoñecemento de crítica, público e editoriais a nivel estatal e inician o asalto aos mercados francés e americano.
Amosamos todas as pistas para saber quen é quen neste panorama agora mesmo.
Quen publica:
O panorama editorial galego é escaso. Empresas pequenas fan tiraxes máximas que roldan os mil exemplares, maioritariamente de obras infantís e xuvenís, mentres propostas de autoedición manteñen o facho da BD para adultos.
En canto a editoras podemos falar das seguintes:
Faktoría K: Editora que publica, en colaboración co colectivo BD Banda, unha colección de BD centrada no público infantil e xuvenil. Fai unha tiraxe en galego e outra en castelán dos seus produtos e aposta por combinar as librarías xeralistas e as especializadas.
Faktoría K
Lea / Embora: Dúas pequenas editoras que inclúen nos seus catálogos unha mínima representación de banda deseñada. No caso da primeira, trátase de obras gañadoras do Premio Castelao e no da segunda, da recuperación de traballos do histórico Xaquín Marín.
Lea edicións
Edicións Embora
El Patito Editorial: Nada en 2007, actualmente ten na BD, principalmente infantil e xuvenil, un dos seus principais activos. Publica en galego e en castelán e distribúese tanto en librarías xeralistas coma especializadas. Un dos seus últimos proxectos é, Colección Feima de Clásicos da Historieta Galega, que pretende recuperar os traballos históricos da BD do país.
El Patito Editorial
Retranca editora: Iniciativa empresarial de Kiko da Silva que publica desde finais de 2007 a revista de humor gráfico Retranca, centrada no humor gráfico e a BD humorística.
Revista Retranca
Toxosoutos: De novo cos lectores máis novos coma obxectivo, publicou proxectos puntuais e ten o seu proxecto estrela na serie Os Barbanzóns de Pepe Carreiro. Entre os seus plans está continuar o traballo encol da novena arte con novas propostas.
Editorial Toxosoutos
Xerais: Unha das maiores editoras de Galicia presta unha certa atención á BD. Na actualidade mantén aberta a publicación da triloxía As aventuras de Maxi Torres de Fran Jaraba.
Edicións Xerais
Do CumioEsta editora xeralista iniciou en 2008 a edición de Bícame Profe, serie manga á que pretende sumar outros lanzamentos.
Urco editora Esta empresa especializada en terror e fantasía lanzouse á bd coa serie Gallaecia, de carácter bimestral. En 2009 incrementou o seu catálogo con Purgatorio.
Urco Editora
Demo editorial Proxecto vencellado ao autor Manel Cráneo que iniciou a súa andaina en 2009 co lanzamento de Os lobos de Moeche. Segundo anuncia, pretende afondar na publicación de BD de ambientación histórica.
Urco Editora
Os colectivos de autoeditores e afeccionados son os que están a conseguir unha maior proxección da edición galega de BD:
BD Banda: Asociación de afeccionados á BD que centra a súa actividade na publicación homónima, primeiro fanzine e agora revista profesional. O seu traballo valeulles tamén o recoñecemento do Saló de Barcelona entre outros. A maiores, colaboran coa editora Faktoría K na súa colección de BD e desenvolven diferentes traballos de dinamización, organizando xornadas, exposicións e promovendo iniciativas didácticas.
BD Banda
Cerditos de Guinea Cómics: Selo co que o autor GoChi desenvolve as súas publicacións. Logo do fanzine que comparte nome co proxecto, e de varias publicacións para concellos, na actualidade centra a súa actividade unha serie de álbums que ten coma protagonista o pirata Trasmallo.
Cerditos de Guinea Cómics
Fuck Cómics: Colectivo vigués de autores que desenvolven desde hai varios anos o fanzine Fuck Cómics. Algúns dos seus membros están a conseguir certa proxección no exterior.
Fuck Cómics
Mariano Casas: Autor que leva anos a desenvolver múltiples iniciativas no campo dos fanzines. A súa última proposta é a serie Las historias de Mariano, onde mestura relatos autobiográficos e ficción.
Mariano Casas
Polaqia: Asociación que congrega unha ducia de autores. Desde 2001 tirou arredor dunha vintena de títulos, maioritariamente en formato comicbook e en galego. Mantén ademais a publicación periódica Barsowia que foi galardoada en dúas ocasións no Saló del Cómic de Barcelona. As súas últimas apostas son abrir o seu traballo de edición a autores de fóra do colectivo e unha liña de novelas gráficas que abren á lingua castelá.
Polaqia
Quen a crea e que fai: Obras e autores
Na actualidade a cifra de autores de BD galegos en activo, tanto en Galicia coma no exterior, rolda o medio cento de nomes. No entanto, só unha minoría consegue vivir do seu traballo, combinándoo na práctica totalidade dos casos coa ilustración ou co humor gráfico. Son as editoras españolas, mediante a edición de álbums ou revistas as que están a conseguir unha maior proxección destes creadores, que nalgúns casos están a conseguir saír fóra das fronteiras do Estado. Máis de cincuenta títulos entre obras individuais e colectivas saíron da man de autores galegos só desde 2005.
As nosas fichas dos autores galegos de BD
Todas as publicacións do sector
EN GALEGO
PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS
- Galimatías. Quincental. Varios autores. El Patito Editorial 2009
- Retranca (revista de humor gráfico). Mensual. Varios autores. Retranca edicións. Desde 2007
- BD Banda (revista). Varios autores. Semestral. Asociación Cultural BD Banda Desde 2007
- Barsowia (números 1-13). Semestral. Varios Autores. Asociación Cultural Polaqia, Desde 2003
- O tebeo do Salón de Cangas. Anual. Varios autores. Concello de Cangas. Desde 2003
- O fanzine das xornadas. Anual. Varios autores. Casa da Xuventude de Ourense. Desde 1994
- Fuck Comics. Varios Autores. Aperiódico. Colectivo Fuck Cómics. Desde 2006
- GZ Crea. Varios Autores. Anual. Dirección Xeral de Xuventude. Desde 2005
- BD Banda (números 1-6, fanzine) Varios Autores. Asociación Cultural BD Banda (2001-2005) –extinto
OBRAS ÚNICAS
- Fito e Pita. Alberto Guitián. Retranca Editora. 2009
- Mensaxes. Mariano Casas. El Patito Editorial. 2009
- O lobo da xente. Moxom. Fundación Risco/Bd Banda. 2009
- O máxico arrecendo de outras historias. Fran Bueno. El Patito Editorial. 2009
- As dúas viaxes de Xaquín Marín. Xaquín Marín. El Patito Editorial. 2009
- Os lobos de Moeche. Manel Cráneo. Demo Editorial. 2009
- Corresponsabilidade na casa. Luís Sendón. Concello da Coruña. 2009
- Corresponsabilidade na escola. Luís Sendón. Concello da Coruña. 2009
- Compañeiros. Homenaxe ás vítimas do Portiño. José Tomás. CMRH Coruña. 2008
- As serpes cegas. Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí. BD Banda. 2008
- Galiza acorda. Carlos Sardiña e María Xesús Arias Rei. Radiofusión. 2008
- Tolos. Xosé Tomás. Universidade da Coruña, 2008
- A conta atrás. Carlos Portela, Sergi Sanjulián. Faktoría K de Libros, 2008
- O boneco. Miche Alzéal. Faktoría K de Libros. 2008
- Os amigos de Archimboldo Roque. Jacobo Fernández. Faktoría K de Libros. 2008
- Home Sweet Home. Eduardo Galán. El Patito Editorial/Feima. 2008
- Os cinco narradores de Bagdad. Vehlmann e Duchazeau. Faktoría K de Libros 2008
- Os compañeiros. A orde da pedra. Miguelanxo Prado. El Patito Editorial-Feima. 2008
- As aventuras de Cacauequi. Jacobo Fernández. El Patito Editorial, 2008. Premio Castelao 2007.
- O castelo regadeira. Norberto Fernández. El Patito, 2007
- Un home feliz. Antonio Seijas. LEA, 2007
- Golfiño en portada. Fausto Isorna. El Patito Editora, 2007
- Cómo entrar na historia do conxunto de Soutomaior. Xosé Cid Doiro. Deputación de Pontevedra, 2007
- Están vivas!. Fausto. Fundación Caixa Galicia. 2006
- Corazón de Tormentas. David Rubín. Colectivo Polaqia, 2006
- Vilaverzas Miguel Robledo. Faktoría K de Libros 2006
- Detectives audaces. Josep María Beroy. Faktoría K de Libros 2006
- Ratas. Xaquín Marín. Edicións Embora 2006
- A derradeira viagem de Ulises Dous. Armando Ribadulha. Autoeditado. 2006
- A mansión dos Pampín. Miguelanxo Prado. COAG 2005
- Tito Longueirón Pinto e Chinto. Faktoría K de Libros 2005
- Astro. Javier Olivares. Faktoría K de Libros 2005
- Onde ninguén pode chegar. David Rubín. Lea 2005
- A voz na caixa Álvaro López. Polaqia 2005
- Esa cousiña negra que levas no peito. Kike Benlloch. Polaqia 2005
- Fiz nos biosbardos Kiko da Silva. Faktoría K de Libros 2004
- Thom Andrés Meixide. Faktoría K de Libros 2004
- Compostela. Historia dunha lenda. Pepe Carreiro. Toxosoutos. 2003
SERIES
- Purgatorio. Marcial Martínez Bascoy. Urco Editora. 2009
- Historias de Galiza. Carlos Rafael e VVAA. Difusora. 2008
- Gallaecia. Miguel Ángel Vigo Baleirón e Iván Rodríguez Arós. Urco Editora. 2008
- Aventura no camiño de Santiago. Primitivo Marcos. El Patito Editorial. 2008
- Bícame Profe. Kazuma Kodaka. Do Cumio. 2008
- Historias da Galiza. Carlos Rafael e VVAA. Difusora. 2008
- Palmira e Marcial, odisea medioambiental. Fran Bueno. Xunta de Galicia 2007
- Chu chu. Kike Benlloch. Polaqia 2007
- Trasmallo: O tesouro de Carraxe. Gochi. Cerditos de Guinea 2008
- Trasmallo e a Santa Compaña. Gochi. Cerditos de Guinea 2007
- Os Barbanzóns: A noite de Samaín Pepe Carreiro. Toxosoutos 2005
- Os Barbanzóns: No solpor da prehistoria Pepe Carreiro. Toxosoutos 2004
- Os Barbanzóns: Baroña ou morte Pepe Carreiro. Toxosoutos 2003
- As aventuras de Maxi Torres.Terra Libre. Fran Jaraba. Xerais. 2008.
- As aventuras de Maxi Torres. Campos de Cuba Fran Jaraba. Xerais 2004
- As aventuras de Maxi Torres. Cita na Habana. Fran Jaraba. Xerais 2000
En CASTELÁN
PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS
- BD Banda (revista semestral). Varios autores. Asociación Cultural BD Banda desde 2007
- Carne líquida (números 1 a 7). Varios autores. Desde 2002
- Cabezudo (dous números). Martín Romero. Autoeditado. 2005
- La patrulla caspa (números 1 e 2). Varios autores. 2004-2007
- ETT (1 e 2). Varios autores. Desde 2007
MONOGRÁFICOS
- Harry Pórrez. Víctor Rivas. Ediciones El Jueves. 2009
- Mensajes. Mariano Casas. El Patito Editorial. 2009
- Los compañeiros. La orden de la piedra. Miguelanxo Prado. El Patito Editorial 2009
- Luces / Farwest. Mariano Casas. Auteodición. 2009.
- Marcopola la isla remera. Jacobo Fernández. Bang! Ediciones. 2009
- El Corazón de los árborles. Miguel B. Núñez. Polaqia 2009
- Cuimhne. El Fuego Distante. Kike Benlloch e José Domingo. Dolmen. 2008
- Las serpientes ciegas. Bartolomé Seguí y Felipe Hernández Cava. BD Banda 2008
- Estampas malignas. Alfons Figueras. El Patito Editorial. 2008
- Romeo y Julieta. David Rubín. SM 2008
- Tirante el blanco. Miguel Porto. SM 2008
- Cuaderno de Tormentas. David Rubín. Planeta de Agostini. 2008
- Watman. David Buceta. FX Gràfix. 2008
- Alter Ego. Alberto Vázquez. Bizancio. 2008
- Law&Co. David Braña. Seventeen Cómics/FX Gràfix. 2008
- DOS. Primeros síntomas. David Braña. Editorial Drakul. 2008
- Gorka. El Viento de Odei. Carlos Portela, Sergi Sanjulián, Fernando Iglesias. Dolmen Editorial. 2008
- Prime Time Holocausto. Álvaro López. Polaqia. 2008
- Doctor Mortis. Alfons Figueras. El Patito Editorial. 2008
- Tierra Libre. Fran Jaraba. Xerais. 2008
- Los cinco narradores de Bagdad. Vehlmann e Duchazeau. Faktoría K. 2008
- Rara Avis. Benlloch e Suárez. Polaqia 2008
- La Cuenta Atrás. Carlos Portela e Sergi Sanjulián. Faktoría K. 2008
- Napoléon est Mort. La Campaña de su Vida. Matías Membiela Pollán, Horacio Vernet. Camiño do Faro. 2008.
- Dayal de Castaka. Jodorowsky, Das Pastoras. Norma, 2007
- El evangelio de Judas. Alberto Vázquez. Astiberri 2007
- Historias de los niños sobrenaturales. Ramón Trigo e Luis Bleinstein. De Ponent 2007
- Un hombre feliz. Antonio Seijas. De Ponent 2007.
- Pinche Mundo. Benlloch-López. Polaqia 2007
- Erika. Norberto Fernández. Dólmen 2007
- Quattrocento. Norberto Fernández. Dólmen 2007
- La ratonera. Martín Romero. Autoeditado. 2007
- Thom Andrés Meixide. Faktoría K de Libros 2007
- Tito Longueirón Pinto e Chinto. Faktoría K de Libros 2007
- Trazo de tiza. Miguelanxo Prado. Norma, 2007
- Cómo entrar en la historia del conjunto de Soutomaior. Xosé Cid Doiro. Deputación de Pontevedra, 2007
- Capital. Kike Benlloch, Diego Blanco, David Rubín, Sergio Covelo, Fonso, Jandro Xesteira, Hugo
- Covelo e Álvaro López. Edicións del Ponent 2006
- Dansmitt Kike Benlloch e Manel Cráneo Dibbuks 2006
- Vilaverzas Miguel Robledo. Faktoría K de Libros 2006
- Detectives audaces. Josep María Beroy. Faktoría K de Libros 2006
- La tetería del oso malayo. David Rubín. Astiberri. 2006
- Barsowia en llamas. Varios Autores do Colectivo Polaquia. Dolmen 2006
- BD Banda (número recompilatorio). Varios Autores. Colectivo BD Banda 2006
- Psiconautas Alberto Vázquez Astiberri 2006
- Tanque Familiar. Diego Blanco. Colectivo Polaqia 2006
- 38. Luís Sendón e Alvaro López. Colectivo Polaqia 2006
- Las aventuras de amo ron. Gochi 2006
- El circo del desaliento David Rubín Astiberri 2005-2008
- Astro. Javier Olivares. Faktoría K de Libros 2005
- Fiz. Kiko da Silva. Faktoría K de Libros 2005
- La Mansión de los pampín. Miguelanxo Prado. Norma 2005
- Ubú Rey. Jaime Asensi. De Ponent. 2004
- Quotidianía Delirante (integral) Miguelanxo Prado Norma 2004
SERIES
- Aventura en el Camino de Santiago. Primitivo Marcos. El Patito Editorial. 2008
- Los Babilonios. Sesé Mosquera. Saure 2008
- Los Pintapiedras. Sesé Mosquera. Saure 2007
- Los heresiarcas 1: El alma hueca Carlos Portela e Das Pastoras. Norma Editorial 2003
- Los heresiarcas 2: Los caminos invisibles. Portela e Das Pastoras. Norma Editorial 2006
- Las nuevas aventuras de Esther. Carlos Portela e Purita Campos. Glénat 2006
- Las nuevas aventuras de Esther 2. Carlos Portela, Purita Campos. Glénat 2008
- Las historias de Mariano 3. Mariano Casas. Autoeditado 2008
- Las historias de Mariano 2. Mariano Casas Autoeditado 2007
- Las historias de Mariano. Mariano Casas Autoeditado 2005
- A prueba de balas (3 números) Enma Ríos. Polaqia 2003-2005
- Tierra Libre. Fran Jaraba. Xerais. 2008.
- Campos de Cuba Fran Jaraba. Xerais 2004
- Cita en la Habana. Fran Jaraba. Xerais 2000
Tamén hai títulos dos Barbanzóns en castelán
Noutros idiomas:
Inglés
- Wolverine: Revolver. Das Pastoras e Victor Gischler. Marvel 2009
- Ramen-o-Rama en Popgun. David Rubín. Image 2009
- Runaways 10. Emma Ríos e Christopher Yost. Marvel 2009
- The Stand-in. Alex Cal e Jim Krueger. Ardden Entertainement. 2009
- Marvel Assistant-Sized Spectacular 1. D-man. Xurxo Penalta e Brian Patchett. 2009
- Fear Agent. Xurxo Penalta e Rick Remender. Dark Horse. 2009
- Wolverine: Switchback. Das Pastoras e Joseph L. Clarck. Marvel 2008
- Hexed. Emma Ríos e Michael Alan Nelson. Boom! Studios. 2008
- Spider-man 24 hours. Alex Cal. Marvel 2008
- Noble Causes. Jay Faerber, Fran Bueno. Image 2005-2008
- North Wind. David DiGilio, Alex Cal. Boom 2007
Francés
- Hors d´atteinte. David Rubín. Rakcham 2008
- Marshall - vol. 4: Réminiscences. Denis-Pierre Filippi, Tirso Cons, Javi Montes. ¨Humanoides associés. 2007
- La Manoir des Murmures David Muñoz, Tirso Cons, Javi Montes. Humanoïdes Associés 2007
- La Manoir des Murmures 2 David Muñoz, Tirso Cons, Javi Montes. Humanoïdes Associés 2008
- L´oeil du diable. Wander Antunes, Tirso Cons, Javi Montes. Paquet 2005
- Dayal de Castaka. Jodorowsky, Das Pastoras. Humanoïdes Associés 2007
Italiano
- Dove nessuno può arrivare. David Rubín. Tunué 2007
Do mesmo xeito, a maior parte da ampla obra de Miguelanxo Prado pode atoparse en múltiplas edicións en todo o mundo.
Onde coñecelos: Os festivais
Malia á escasa forza industrial (que non creativa) do sector, Galicia conta cun dos festivais de BD máis importantes do Estado canda ao Saló del Còmic de Barcelona. Viñetas desde o Atlántico congrega cada mes de agosto na Coruña, desde 1998, máis de 60.000 persoas e un bo feixe de autores de prestixio internacional. Exposicións, presentacións e actividades cunha orientación especialmente divulgativa fan deste evento, que dirixe Miguelanxo Prado, un referente fundamental. A unha escala moito menor, as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense serven desde hai dúas décadas como un punto de encontro fundamental para autores e afección galega cada mes de outubro. Ao tempo, permiten dar a coñecer o traballo de novos autores e facilitan as relacións con creadores foráneos, especialmente de Portugal e España. Arteixo, Pontevedra e, especialmente, Cangas, están a consolidarse coma citas de importancia para os afeccionados do país.
Web das Xornadas de Ourense
O Salón de Cangas
As Xornadas de Arteixo
Apoio institucional:
Nos últimos anos a BD galega está a contar, por vez primeira cun apoio institucional por parte do Goberno da Xunta. A presenza con stands unitarios en salóns internacionais (Barcelona, Angoulême) e dentro de espazos xenéricos (Boloña, Frankfurt, A Habana) quere promover o coñecemento internacional dos nosos autores. Exposicións actuais e históricas, produtos multimedia e outros traballos de divulgación xeral compleméntanse con accións en sectores concretos. Formación e achega de fondos a bibliotecas e centros de ensino, proxectos con librarías e a convocatoria das primeiras bolsas de apoio á creación de BD amosan o principio dun camiño que busca a consolidación dunha industria galega neste campo.
Canda ao apoio autonómico diferentes concellos (A Coruña, Cangas, Ourense, Pontevedra, Compostela, Rianxo, Moaña, Valadouro, Arteixo...) ou deputacións manteñen apostas puntuais por este medio apoiando xornadas ou certames. Nese sentido destaca a convocatoria do Premio Castelao desde a Deputación da Coruña. Finalmente o Consello da Cultura Galega creou, a través o portal culturagalega.org, un espazo no web específico dedicado á banda deseñada que conseguiu converterse nun referente informativo.
Premios:
A existencia de premios, aínda que puntual, supuxo nos últimos vinte anos unha vía fundamental para potenciar o traballo dos autores. Neste sentido os certames que foron xurdindo desde as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense conseguiron, malia ás mudanzas de nome, unha continuidade e un nivel destacado que na actualidade se reflicte no seu primeiro premio,que outorga 3.000 euros a unha historia curta. A maiores, desde 2005 o Premio Castelao de Banda Deseñada favorece a creación e publicación anual dunha obra longa cunha dotación de 6.000 euros. Os traballos premiados están a conseguir, ademais, unha certa proxección exterior con traducións ao español. Canda a estes, pequenos certames coma o de Cangas ou o do Valadouro manteñen as oportunidades para novos autores. A última aposta neste sentido son as Bolsas de Apoio á creación, que buscan facilitar a aparición de obras longas.
Os concursos de BD na nosa sección certames
Colectivos:
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración está a se amosar nos últimos anos coma o referente que agrupa no seu seo boa parte dos autores galegos de BD. Canda a ela, os colectivos de autoedición e representantes de festivais e de bibliotecas, a Consellaría de Cultura promoveu a creación da Mesa pola BD, un punto de encontro onde se debaten as accións de apoio ao sector. Por outra banda, a finais de 2006 un grupo de autores puxeron a andar o Laboratorio de BD de Ourense, un espazo virtual no que foron subindo diferentes propostas de creación experimental arredor da novena arte.
Web da AGPI
Web do Laboratorio de BD
O noso tema sobre o Lab.Ou
Bibliotecas:
Malia a que escaso numericamente, o traballo encol da banda deseñada no ámbito bibliotecario que se está a desenvolver nas bibliotecas municipais da Coruña, O Porriño e Moaña está a amosar as posibilidades que ten este medio á hora de chegar ao público. Os centros coruñeses están a participar nunha rede ibérica de bibliotecas que buscan potenciar e integrar axeitadamente a novena arte. Canda a eles, tamén a biblioteca González Garcés, nesta mesma cidade, presta atención ao medio, e está en proceso a creación dunha Bedeteca en Compostela da man da Consellaría de Cultura no marco da Biblioteca Pública Ánxel Casal.
Blog das bibliotecas da Coruña
Web da Biblioteca do Porriño
A nosa ficha da Biblioteca González Garcés
Web da Biblioteca Ánxel Casal
Reportaxe sobre as bibliotecas galegas e a BD
Máis información e contactos:
O referente fundamental de información sobre a banda deseñada galega é Soportal BD do web Culturagalega.org. Esta é unha canle especializada na que se poden atopar novas, reportaxes e un completo catálogo da produción e autores galegos, tanto actual como histórica. A maiores, unha boa mostra dos traballos dos autores e artigos de opinión completan unha oferta que contribúe en boa medida ao despegue desta arte desde a súa creación en 2001. En paralelo, nos últimos anos están a se multiplicar os webs e mais os blogs persoais nos que distintos autores amosan os seus traballos e explican proxectos. A nivel audiovisual, en 2008 o documental
35 anos de historieta galega (2008) fai un resumo da evolución da novena arte no país mentres
Na procura da besta segue o poceso creativo dun grupo de creadores.
Máis textos sobre BD:
O noso tema sobre historia da BD galega
Reportaxe sobre a evolución da BD galega a partir do ano 2000
HISTÓRICO
Entendemos este texto como un documento vivo, sempre actualizado, destinado a responder ás necesidades de información básica sobre o sector de aqueles interesados na banda deseñada galega. Deste xeito, a primeira versión deste texto é de abril 2008, producido para o Salón Internacional do Cómic de Barcelona 2008. Esta actualización prepárase para a edición 2008 do devandito Salón.
Tamén che pode interesar...