culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / I+D nas carpintarías de ribeira
Noticias

Precisas o Flash Player para ver o video.


A RECUPERACIóN DE EMBARCACIóNS TRADICIONAIS GARANTE O FUTURO DESTA INDUSTRIA ARTESANAL

I+D nas carpintarías de ribeira


5 / 6 / 2008
Santiago. Redacción

O traballo dos carpinteiros de ribeira será un dos eixes da presenza galega na Feira Marítima de Brest o vindeiro verán. Logo dunha longa decadencia, o sector sobrevive na actualidade grazas á recuperación de embarcacións tradicionais, un campo no que tamén se están a dar innovacións.

Agora mesmo, dous estaleiros da Ría de Arousa están a construír cadansúa dorna de tope. Nos dous casos trátase de embarcacións de bo tamaño, que roldan os sete metros de eslora. No entanto, mentres na Illa de Arousa os estaleiros de Manuel Mougán están a traballar seguindo os métodos máis tradicionais de construción, no Grove, Pepe Garrido aborda unha experiencia pioneira construíndo unha nave deste tipo con métodos modernos. Para alén desta modernización, o estaleiro puxo en marcha tamén un blog no que informa, día a día e con abondoso material gráfico, de como avanza a construción. Segundo explica Fernando Piñeiro, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, “a día de hoxe temos esta dualidade. Por unha banda hai asociacións que constrúen de xeito tradicional e por outra banda temos unha iniciativa moi interesante, que pode ser discutible, na que un particular encargou unha dorna de tope, de practicamente as mesmas medidas, pero empregando novas técnicas”, explica a se referir ao traballo de Garrido.

Oportunidade laboral
Deste xeito, imos atopar unha embarcación que en aparencia será en todo semellante ás tradicionais pero que emprega elementos coma colas ou maderas tropicais. “Este sistema de construción achega unha oportunidade ao sector industrial, e algúns vémos iso coma unha vantaxe”, lembra Pieñiro. E é que a restauración e elaboración de embarcacións tradicionais en madeira supón, a día de hoxe, unha das principais bolsas de traballos para as escasas carpintarías de ribeira que existen no país. Dentro disto, o emprego de novas técnicas, que poden facer máis asequible o produto final e animar a mais clientes, non deixa de ser unha oportunidade para o sector. Para alén,o feito de apostar por novas construcións non é particular do noso país. Na Costa Brava hai tempo que os tradicionais Llauds se constrúen con novas técnicas e mesmo chegou a habelos de fibra de vidro. “Agardamos que aquí non cheguemos á fibra”, desexa Piñeiro.

Os clientes
Precisamente son as asociacións que compoñen a Federación uns dos principais clientes deste tipo de negocios. “A Federación está interesada na recuperación de embarcacións tradicionais, e é moi importante para nós recuperar tipoloxías extintas. No caso da dorna de tope desapareceu ao vir o motor, e para impulsar a recuperación impulsouse o proxecto Desafío a tope. A idea é que diferentes asociacións da federación encargasen a construción de embarcacións deste tipo, cunhas medidas de 7,5 metros de eslora e 2,5 de manga”. Agárdase que de cara ao 2010 se poida contar xa cunha mínima flota deste tipo de naves coa que organizar regatas e actividades, de xeito semellante ás que xa se desenvolven desde hai anos (e cun éxito crecente) con naves coma as dornas polbeiras.

Rumbo Brest
O traballo dos carpinteiros de ribeira e da Federación son dous dos grandes puntais da presenza galega na Feira Marítima Internacional de Brest, á que o noso país acode este verán como convidado. Alí amosarase o proceso de construción dunha embarcación tradicional e exemplos reais de 25 barcas que percorren as nosas rías. Para Piñeiro “isto pode ser un pulo importantísimo. Esta é unha cita de nivel internacionais con millóns de visitantes que supón un escaparate estupendo. Ademais, os colectivos cos que imos contactar e nos que agardamos participar, coma o European Maritime Heritage, teñen acceso ao Parlamento Europeo, que é de onde xorden a maior parte das leis que provocaron a desaparición destas embarcacións”, explica. “Nestes momentos cómpre, e sobre todo para nós, chegar onde se lexisla para que a nosa riqueza cultural neste campo se faga notar”. Máis preto de nós, para a Federación esta cite supón unha grande oportunidade para dar a coñecer o seu traballo entre a sociedade galega e concienciar o público da importancia deste patrimonio.

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

O certame cumpre quince anos e celébrao cunha exposición fotográfica
A última película de Jorge Coira compite na sección oficial do Festival de Cine de Ourense
Educación enviou unha circular avisando aos docentes que deben acatar a legalidade
A Xunta podería suspender de emprego e soldo a quen non cumpla o decreto
O espazo estará listo en xaneiro de 2011
O Auditorio de Vigo estrearáse cun concerto e sen programación
O Roteiro Fiz Vergara Vilariño explora as paisaxes do poeta samonense
Os versos de Lóuzara
O autor prepara unha serie de viñetas para o IPhone, dispoñible en varios idiomas
O bo momento de José Domingo
O cómic véndese tanto en tendas físicas como na rede por 3.95 euros
A vida do Apóstolo, tamén en banda deseñada
Revisamos os proxectos audiovisuais que recibiron subvención neste 2010
Unha de romanos, e outras historias
O BNG empregará “todos os instrumentos democráticos” se a Xunta toma represalias
Os sindicatos estiman que tres mil docentes non aplicarán o decreto
Galicia é comunidade convidada na Semana Internacional da Moda de Madrid
Abondosa participación galega na 64ª edición da Cibeles Fashion Week
Continuará tamén coa súa actividade editorial
A Nosa Terra manterase na rede despois de desaparecer como semanario impreso
Analizarán as necesidades do Mosteiro de San Salvador e do Museo de Arte Sacra
Cultura destinará 360.000 euros a recuperar o pazo-fortaleza de Tovar
Vaca Films estreará o seu último filme no Festival de Cine de Montreal
Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián
A USC leva a cabo un proxecto de investigación dos depósitos paleolíticos do sur lucense
A campaña de escavacións de Cova Eirós finaliza con 1.300 pezas arqueolóxicas
Santiago acollerá un encontro sobre os diferentes modos de crear cultura
Adaptar a cultura
O curso 2010-2011 comeza o vindeiro 13 de setembro
Centros escolares non elexiron o idioma das materias non troncais
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org