culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Arte de portas abertas
Noticias
not_14795.jpg

O ROTEIRO DE CREACIóN CUMPRE TRES ANOS ENCHENDO AS RúAS CON INICIATIVAS ARTíSTICAS

Arte de portas abertas


28 / 5 / 2009
Santiago. Redacción

Os artistas saen da súa torre de marfil. Ou case, porque máis que saír, o que fan é permitir que o público poida entrar nese espazo “sagrado” como é o seu taller para ver como e onde nacen as obras. A esta iniciativa chámaselle Roteiro de Creación, cumpre tres edicións e mañá abre as súas portas en Compostela. Como novidade, este ano reflexionan sobre a arte en tempos de crise.

Durante durante as dúas primeiras fins de semana deste mes de xuño, os creadores que viven en Compostela abrirán as portas do seu taller para compartilo co público. Pero tamén para ensinarlle a comprender a arte e a gozar dela en primeira persoa. ¿Cómo? Con cursos e obradoiros diseminados por toda a cidade de Santiago e para todos os públicos.

O compoñente pedagóxico
Talleres de estampación sobre teas (Carretas, 30), de técnica waldorf (Praza do Toural), de esculturas iluminadas (Fundación Granell), de iniciación ao gravado (Taller do Paraná, Casa das Asociacións e a estación de trens de Cornes)… e tantos outros cursos, todos eles intercalados con múltiples actividades de tipo lúdico diseminadas por toda a cartografía de Santiago. Un dos puntos fortes desta iniciativa é que non se reduce a organizar actividades na zona vella (na chamada améndoa) ou no ensanche, senón que favorece circuítos diversos e habilita percorridos por outros barrios menos frecuentados.

Nesta ocasión, as responsables do Roteiro de Creación quixeron poñer o acento nas actividades de formación que tan bos resultados lle deron no 2008 (cando conseguiron 2.248 participantes) . “Esta edición pensamos que tivera maior visibilidade, para iso deseñamos un programa con moitas actividades na rúa, accións en plazas, performances, cousas participativas e especialmente para toda a familia porque pensamos que a arte é cousa de todos” afirma María Chenut, que xunto con Reina D´Hoore coordina este roteiro. Dúas artistas que acaban de poñer en marcha o Laboratorio de Creación Artística, que é a asociación ou a entidade que lle dá musculatura administrativa a esta iniciativa que arrinca mañá en Santiago.

Desde que naceu, o Roteiro perdeu a etiqueta de “contemporánea” do seu título. Para María Chenut foi unha decisión que se debe a que “o público asociaba o concepto ás galerías de arte e iso condicionaba a súa percepción”. Polo demais, nestes tres anos que leva en marcha esta proposta segue igual en canto a finalidade, pero multiplicou as súas actividades. E para o futuro, tanto María como Reina teñen moitos plans. Entre eles destaca a conexión desta iniciativa con outras semellantes que se desenvolven noutras partes do mundo. Principalmente en Bruxelas (Parcours d´artistes de St Gilles) ou en París (Ateliers d´Artistes de Belleville), cidades con máis de vinte anos de tradición. “Para o vindeiro ano pretendemos establecer colaboración con estas outras entidades como residencias artísticas” explica María Chenut.

Arte en tempos de crise
Como o roteiro é unha actividade moi pegada á realidade artística do momento, este ano non quixo deixar pasar a ocasión para reflexionar sobre a creación en tempos de crise. Para iso, o Laboratorio de Creación Artística elaborou unha serie de convenios con diferentes departamentos da Universidade de Santiago e de Vigo, co obxectivo de analizar desde un punto de vista científico a creación actual. O resultado é o Roteiro en estado crítico que se desenvolverá en tres sedes (Casa das Asociacións, Taller do Paraná e no espazo do Colectivo Baleiro) xa ten aberto o seu prazo de inscrición. Teófila Noemí Ruiz, coordinadora destas xornadas, explica que “queremos que se fale sobre a democratización creativa, sobre as canles de difusión, sobre o que lle ofrecen os creadores á sociedade... e todo este tipo de cuestións”.

Esta actividade conta con diferentes formatos: o de diferentes mesas redondas (sobre a creación, difusión, a mirada do crítico...), un gabinete de crise (xornadas de traballo sobre as diferentes formas de produción cultural e que está aberto só a inscritos) e unha serie de actividades creativas (na que catro artistas estarán creando en directo).

O Roteiro en estado crítico é a actividade que permite ter un espazo para a recepción, debate e produción de ideas. “No fondo, explica Teófila, pretendemos respostar á pregunta de ¿como é posible facer arte en tempos de crise?”.

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

O itinerario percorre os lugares da mocidade do rianxeiro
Presentamos o Roteiro Castelao no Barbanza
A mostra Os adeuses está organizada polo Consello da Cultura e mais o Centro Galego de Artes da Imaxe
As imaxes da emigración chegan á Fundación Barrié
A Fundación Caixa Galicia presentou onte o informe O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia
A crise provoca un descenso do 8,5 por cento nos traballadores do sector cultural
A obra ten guión do galego Ignacio Santos e debuxos de Martín Salvador
O Concello de Catoira publica unha BD sobre o bispo Cresconio
O incendio consumiu os retablos e varios cadros
O lume leva a Capela dos Remedios de Ourense
O cinema e o teatro sálvanse do descenso no consumo de Cultura en Galicia
Observación: As salas resisten
O grupo coruñés gravará un disco durante o mes de agosto
Proyecto Kournikova faise co premio Mans Futuro Pop&Rock 2010
Patrimonio paraliza un novo cortalumes de Medio Rural
Un cortalumes podería ter danado outro petróglifo en Oia
O proxecto pretende xerar emprego e innovar no campo da Cultura
Sesenta colectivos participan na creación do Lalinlab
A iniciativa permite coñecer o aspecto orixinal do monumento en tres dimensións
Comeza o programa de visitas virtuais ao Pórtico da Gloria
Buried chega aos cinemas logo do seu éxito no festival de Sundance
O director galego Rodrigo Cortés estrea o seu último filme en 4.000 salas
O evento contará co apoio da industria, do Concello e mais da Xunta
O Culturgal 2010 celebrarase na Coruña entre o 10 e o 12 de setembro
Reflexionamos sobre a viabilidade dos medios galegos en Internet logo do feche de Vieiros e de Chuza!
Os ocos da comunicación na rede
A organización prepara un Congreso Internacional de Directores de Festivais para a vindeira edición
15.000 visitantes encheron a Mostra de Teatro de Ribadavia
A desaparición dos dous medios pioneiros deixan un importante oco na Internet galega
Fechan Vieiros e Chuza!
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org