culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Gravar de cara ao público
rcgNoticias

Precisas o Flash Player para ver o video.


THE HOMENS E SUMRRá ACHEGAN AO PúBLICO A GRAVACIóN DOS SEUS VINDEIROS DISCOS

Gravar de cara ao público


21 / 7 / 2009
Santiago. Redacción
Enviar a Chuza   Enviar a Delicious   Ver blogs que enlazan aquí    Traducir   Imprimir   Enviar  

Facer da gravación dun disco algo que tamén se comparte co público. Esta é unha proposta que atopamos, baixo dúas fórmulas diferentes, en senllos grupos galegos esta verán. A rachar a fronteira do álbum como produto final, Sumrrá acaba de gravar na NASA o seu terceiro disco e The Homens retransmiten na rede as súas sesións de gravación. Falamos con eles sobre estas iniciativas.

Videos

O xeito máis habitual de gravar un álbum en contacto co público, é a fórmula do directo. Aínda que non moi abondosos, temos exemplos destes produtos nas discografía galega, na maior parte dos casos con obras que escolman boa parte do repertorio de diferentes grupos. Xa é menos habitual optar por esta fórmula para lanzar un álbum completamente inédito, como acaba de facer Sumrrá, que gravou na sala NASA de Compostela 3, que será o seu vindeiro álbum. Non é tan común retransmitir pola rede as sesións de gravación en estudio dun disco. Pero as novas tecnoloxías permiten manter o contacto ao vivo cos músicos mentres se enfrontan ao proceso de rexistro das súas creacións. Esta é a vía inédita no noso país pola que optaron The Homens, que amosan desde Cataluña como vai collendo forma o novo álbum.

En directo desde o estudio
Ustream é un web ao xeito de Youtube que permite a transmisión en directo de video por Internet simplemente contando cunha cámara e unha conexión. O grupo The Homens decidiu aproveitar esta ferramenta para amosar en liña como vai tomando forma o seu vindeiro disco. “É un xeito de compartir coa xente que sigue a nosa música o proceso de gravación. Hai quen pensa que son moi divertidos, pero a realidade é que resulta moi laborioso e hai que botar moitas horas” explica Xocas, batería da formación. A refrendar as súas palabras, as gravacións dos primeiros días dispoñibles no web amosan lentos procesos de preparación, tempos mortos e diálogos na cabina do estudio, ocupando a música unha pequena parte de toda a metraxe. “Nós non temos nada que esconder e non nos importa compartir estas experiencias”, explica Xocas, quen recoñece que “esta primeira semana é máis dura. Prometemos que logo xa será máis divertido porque comezaremos a cantar e a meter guitarras”, adianta.

O disco
Os interesados en seguir o proceso, ademais de revisar as gravacións dispoñibles no web, teñen conexións en directo cara ás once da mañá e arredor das catro e media da tarde. “Logo hai conexións sorpresas segundo vai sendo o ritmo da gravación”. Segundo explica o batería “vai todo moi ben e estamos moi contentos co proceso. Imos botarlle máis tempo que co disto anterior”. Como principal novidade do vindeiro lanzamento de The Homens destaca a incorporación de Cristovo, coma teclista á formación. “É un instrumento máis que supón máis carga melódica. A nivel de composicións, penso que as cancións son algo máis punkis. Penso que nos estamos afastando da nova onda e atopando un estilo máis persoal”. Con de Santi García nos estudios Ultramarinos Costa Brava, en Sant Felíu de Guíxols, está previsto que o disco saia á luz de cara a finais de ano.

O directo tradicional
Sumrrá, pola súa banda, non é un grupo primeirizo no de lanzar un disco directamente en formato ao vivo. Xa o fixeran co seu anterior lanzamento e recuncaron ofertando tres concertos na compostelá sala NASA. “Do anterior disco quedamos moi satisfeitos e a resposta da crítica foi moi boa. Ademais, vimos que tendo o apoio da NASA e do seu equipo técnico, un directo gravado en tres días era o formato perfecto”, asegura Xacobe Martínez, un dos membros do grupo.
“O noso traballo é tocar con público, e gravar nun contexto así é algo natural. É certo que non deixa de ser complicado, tes que conxugar a emoción do momento coa parte cerebral de que vai quedar todo rexistrado e ten que soar coherente, interesante e consistente”.

O disco
O traballo que xurdirá destas sesións na NASA será segundo Xacobe, “é un paso máis dentro da mesma filosofía de facer música xuntos. Hai novidades, con mudanzas á hora de compor. Obviamente desde que comezamos ata agora temos moito camiño andado e moita experiencia. Desde dentro percibimos mudanzas tremendas na nosa música, case grupos distintos. Pero mellor é que a xente se achegue aos concetos ou ao web e que comproben por si mesmo se hai tanti cambio como nos parece”. 3 chegará ás tendas o vindeiro outono, e para aquela os interesados poderán coñecer máis polo miúdo como soa esta proposta. Antes diso, a formación ten un verán ocupado cunha xira que os levará, nada menos, que ata Suráfrica.

Noutros medios e fontes de información:

Este é un proceso automático. Saber máis
.
, 2009

Hoxe en culturagalega.org

As edicións limitadas de Grimm Fairy Tales contan co traballo do vigués
Norberto Fernández asina capas para unha serie americana de BD
O noso país ocupa o undécimo posto entres todas as comunidades autónomas
O índice de lectura medra e alcanza o 54,9 por cento
Están dispostos a abrir o recinto se o Concello cobre a vixilancia
Os donos do castelo de Pambre rebaixan a súa proposta de alugueiro
A convoatoria de axudas do sector audiovisual centra un novo número de E_scena
Quiosco: E_scena
O certame cumpre neste 2010 quince anos de existencia
O Festival de Cine de Ourense estende a súa programación ao resto do ano
Malia a existencia dunha fenda, os técnicos non consideran que o monumento corra perigo
Patrimonio intervén de urxencia na Torre do Reloxo de Betanzos
Jose Dávila reflexiona sobre o espazo e a arquitectura no MARCO
De anexo do museo, a anexo da rúa
Arqueoloxía e literatura contribúen á documentación das receitas gastronómicas
Receitas con historia
A convocatoria sairá publicada no DOG nos vindeiros días
AGADIC volve convocar as axudas ao sector audiovisual por importe de 7.1 millóns de euros
A proposta quere regular o emprego do galego nas administracións e no ensino
Queremos Galego promove unha iniciativa lexislativa a prol do galego
O autor adianta a vindeira publicación do número 1 de Sinónimos de lucro
David Buceta achega unha BD ao proxecto La taberna del escocés
É unha construción civil de estilo gótico isabelino
A Xunta destina 300.000 euros a rehabilitar a fortaleza de Tovar
O edificio aínda terá que pasar por obras de adaptación
A capela de San Roque de Sada pasará a ter uso cultural
O encontro levará por título Ut(r)ópicos
A Bienal de Pontevedra comeza a súa XXXI edición en ARCO
A achega económica do turismo cultural supón un 2,5% do PIB galego
Observación: As cifras do turismo cultural
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org