culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / O mar re-presentado
Noticias
not_15156.jpg

REVISAMOS A ICONOGRAFíA DO MAR DA MAN DO SOCIóLOGO MANUEL PéREZ RúA

O mar re-presentado


28 / 7 / 2009
Santiago. Redacción

Paisaxe, naufraxio, traxedia, valor, coraxe…. Existe múltiples interpretacións arredor do mar. O cinema, o literatura pero tamén a fotografía serviron de altofalantes para construír eses imaxinarios colectivos arredor desta realidade. O sociólogo e fotógrafo Manuel Pérez Rúa leva moitos anos analizando a fotografía, máis próxima e iconográficas ao discurso do mar no noso país.

“Moitas fotografías acaban transformando a persoa na súa personaxe e isto é o que me interesaba analizar e explorar” explica Manuel Pérez Rúa. Este sociólogo e fotógrafo leva anos analizando as imaxes relativas ao mar, as representacións das persoas e das súas profesións. Neste tempo Pérez Rúa conversou con náufragos, mariñeiras, percebeiros, arpoeiros para comprender esa realidade que os medios de comunicación (televisión, cine, fotografía) reconstrúe. Sobre todo isto falou no curso de verán da Universidade de Santiago, Historia da pesca do bacallau no século XX: auxe e declive dunha pesquería, que organizou Jesús Giráldez. Nesta ocasión, Manuel Pérez comenta algunhas desas imaxes e as iconas que ten recollido na súa vida.








O mar como poesía.
A imaxe é de Anita Conti (unha oceanógrafa e fotógrafa francesa coñecida por ser a primeira muller que embarcou nun pesqueiro de bacallau en Terranova). Para Manuel Pérez Rúa “representa varios dos imaxinarios colectivos que se reflicten na fotografía e no cine sobre a iconografía do mar, a dureza e a visión poética ao mesmo tempo”.








As non sempre idílicas mariñeiras
“De sempre, a imaxe que se nos deu das mariñeiras era de mulleres entregadas ao mar, valentes e bravas, moi lonxe da realidade porque era un traballo temporeiro, complementario e marxinal, un salario para axudar a levar á casa pero non un traballo do século XXI” explica Manuel Pérez.








O mar como morte
Se hai unha asociación directa co mar esa é a de risco, perigo e, por suposto, morte. “O mar é risco e perigosidade, a perigosidade é morte e a morte deixa en terra orfas” resume Manuel Pérez para o que esta imaxe é case iconográfica e se repite en milleiros de ocasións.








Os percebeiros non son tan duros como parecen
“Cando se fala de percebeiros fálase dun tipo de persoas que traballan nunha profesión arriscada e dura, na que a morte é mirada de lonxe” explica Manuel Pérez para o que “este home rompe co arquetipo de percebeiro destemido, el coidaba moi e só caeu unha vez ao mar. Nese momento tan dramático do que se salvou, cando lle preguntas de que morreu el di de que maneira máis parva se morre”.








As traíñas, embarcacións moi pouco populares
As traíñas interésanme no sentido cando facemos unha icona dun deporte tradicional dunha embarcación tradicional que acabou sendo o exemplo da explotación capitalista na introdución dunha das técnicas máis intensivas da pesca da traíña. Cando se introduce nas artes de pesca, houbo un conflito porque se opón á pesca tradicional. A traíña non durou pero hoxe representa un deporte identitario e acabamos facendo heroes locais dos remeiros de traíñas cando inicialmente non ten nada de popular.








Miguel: último arpoeiro
Esta imaxe representa unha maneira de pescar que houbo en Galicia ata os anos oitenta. “A fábrica de Vigo Massó importa de Ceuta unha técnica para pescar baleas. Nos anos oitenta, as conciencia ecolóxica espállase polo mundo e conséguese que españa deixa de pescar baleas. En Galicia foi fundamental o feito de que Massó estaba en crise (que se dedicaba principalmente á conserva) e foi a presión internacional como a crise dunha empresa. Nós, pechamos a fábrica de baleas eramos os que menos pescabamos baleas, xa que Noruega e Padrón seguiron na caza/pesca de baleas dándolle un subterfuxio para os grandes depredadores.








As gaivotas de Vigo, non son como as das Cíes
Dentro dos imaxinarios relacionado co mar, hai un discurso ambiental que entende o mar como paisaxe. Unha paisaxe que inclúe unha fauna do mar. “A gaivota acabou converterse nunha icona potentísima, pero non é o mesmo unha gaivota de Vigo como unha de Ons ou Cíes. As de Vigo colonizan as terrazas, matan as pombas e acaban meténdoas nos desagues, co conseguinte enfado popular” explica Manuel para o que “os discursos míticos que tamén teñen letra pequena”.

Hoxe en culturagalega.org

A Asociación Cultural Val de Láncara recoñece o seu traballo a prol da lingua e cultura galega
A Real Academia Galega recibe o premio “Facer País”
Inicialmente suspenderan a cita por problemas económicos
O concello de Cangas rectifica e adía a outubro o salón de banda deseñada
Comeza en Compostela o congreso que reunirá aos expertos de literatura infantil e xuvenil
Oportunidade IBBY
Na sección oficial a competición está o filme do ourensá Rodrigo Cortés, Buried
A película de Martin Sheen sobre o Camiño estrearase en Toronto
Bartlomiej Trzos e Andrzej Fydrych fixéronse co primeiro e segundo premio
Dous artistas polacos copan o palmarés da XI Bienal de Gravado
Ecoloxistas e profesores universitarios destacan o gran número de especies protexidas
Piden a declaración do Pindo como parque natural
Os visitantes recibirán un exemplar recopilatorio da revista
Unha mostra recupera o Universo Galimatías de Fausto Isorna
As fundacións das dúas caixas galegas coexistirán durante tres anos
Jose Luís Méndez é o novo presidente da Fundación Caixa Galicia
As proxeccións terán lugar no Auditorio e nos centros socioculturais
Curtocircuíto alonga a súa programación ata final de ano
Os asinantes reclaman á administración, empresas e cidadáns apoio a estes proxectos
Presentan un manifesto en defensa dos medios en galego
Marful presenta o seu Manual de seducción
Galantería revisada
Pretenden que se inclúa esta zona entre os espazos naturais protexidos
Nace un colectivo para denunciar as agresións aos depósitos arqueolóxicos de Marín
Manuel Bragado denunciou que a Xunta "non adquiriu ningún libro editado en 2009" para as bibliotecas
Os editores critican o "enorme atraso" na compra de novidades editoriais da Xunta
Exposicións, maxia e teatro protagoniza a programación cultural
Recta final
Foi membro da Real Academia Galega
Morre a historiadora e arquiveira Olga Gallego
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org