culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Historia dun micro xigante
Noticias

ESCOITAR.ORG REIVINDICOU A AURALIDADE EN COMPOSTELA MEDIANTE O SEU MACRóFONO

Historia dun micro xigante


24 / 8 / 2009
Santiago. Redacion

As rúas de Compostela tiveron, entre a récua de visitantes do pasado venres, un paseante excepción. O Macrófono, un inchable con forma de micrófono de sete metros de lonxitude, achegouse á capital para rexistrar os seus sons dentro do Festival dos Abrazos. Detrás desta experiencia, como non, o colectivo Escoitar.org. Chiu Longina, un dos responsables da iniciativa explícanos máis polo miúdo o proxecto.

O Macrófono é un grande inchable con forma de micrófono que, no entanto, ten a capacidade de rexistrar sons e pode conectarse coma un aparello convencional. Esta é a ferramenta que levou o colectivo Escoitar.org ao Festival dos Abrazos para facer a súa intervención a reivindicar a auralidade. “Máis do que o son que se obtivo en si, o máis importante é o impacto que tivo na prensa e como reaccionou a cidadanía”, explica Longina. De calquera xeito, os interesados poderán escoitar os resultados desta gravación no mapa sonoro de Galicia que mantén Escoitar.org de Galicia e ao que calquera pode facer as súas achegas.



A experiencia
“No contexto de turismo masivo que había o venres en Compostela, aproveitamos o impacto visual do macrófono para promocionar o intanxible”, lembra Longina. Para alén de rexistrar os sons da cidade, os membros de Escoitar.org desenvolveron tamén o que chaman Escultura escoitadora. “Consiste en se xuntar arredor do macrófono e botar un cuarto de hora escoitando cos ollos e a boca fechada, convidando á xente a facer o mesmo. Como nos ouvidos non hai pálpebras, contamos con filtros culturais, coma ecualizadores, cos que seleccionamos os sons que nos parecen máis relevantes. O que tentamos con esta experiencia é convidar á xente a se desprender dalgún destes filtros culturais e se transformar nun micrófono que o escoita todo porque non ten cultura”.

As ideas
“O que máis nos chamou a atención é que todo o mundo está atento ao tema do audio. Debe haber algún tipo de malestar en occidente que fai á xente moi sensible a este tipo de discurso”, explica Longina. O discurso de Escoitar, céntrase basicamente na recuperación do audio. “Desde a creación da imprenta no século XV a nosa cabeza é máis lóxica do que antes. Entre ese momento e a creación do fonógrafo de Edison, a finais do século XIX deuse un esquecemento do sonoro”. A desenvolver a importancia do son para os humanos, Longina sinala que “o hemisferio que se encarga de procesar o audio é o mesmo que controla os aspecto máis cualitativos da experiencia humana, o que nos fai máis nidiamente persoas, fronte o outro hemisferio que se encarga do lóxico e do racional. Pensamos que favorecer a escoita pode axudar a superar o malestar que exista na cultura occidental, sendo un pouco demagóxicos”.

Ser mellores persoas a base de escoitar. Non soa mal.

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

Presentáronse máis de 500 traballos
A terceira edición do Festival de Curtametraxes de Bueu bate marcas de participación
A día de hoxe está no Museo Etnolóxico de Ribadavia
O concello de Vigo e a Xunta buscan emprazamentos para o arquivo Llanos
Pasaron de 63.000 a 400.000 euros
A Xunta amplía as axudas aos medios en galego
O certame cumpre quince anos e celébrao cunha exposición fotográfica
A última película de Jorge Coira compite na sección oficial do Festival de Cine de Ourense
Educación enviou unha circular avisando aos docentes que deben acatar a legalidade
A Xunta podería suspender de emprego e soldo a quen non cumpla o decreto
O espazo estará listo en xaneiro de 2011
O Auditorio de Vigo estrearáse cun concerto e sen programación
O Roteiro Fiz Vergara Vilariño explora as paisaxes do poeta samonense
Os versos de Lóuzara
O autor prepara unha serie de viñetas para o IPhone, dispoñible en varios idiomas
O bo momento de José Domingo
O cómic véndese tanto en tendas físicas como na rede por 3.95 euros
A vida do Apóstolo, tamén en banda deseñada
Revisamos os proxectos audiovisuais que recibiron subvención neste 2010
Unha de romanos, e outras historias
O BNG empregará “todos os instrumentos democráticos” se a Xunta toma represalias
Os sindicatos estiman que tres mil docentes non aplicarán o decreto
Galicia é comunidade convidada na Semana Internacional da Moda de Madrid
Abondosa participación galega na 64ª edición da Cibeles Fashion Week
Continuará tamén coa súa actividade editorial
A Nosa Terra manterase na rede despois de desaparecer como semanario impreso
Analizarán as necesidades do Mosteiro de San Salvador e do Museo de Arte Sacra
Cultura destinará 360.000 euros a recuperar o pazo-fortaleza de Tovar
Vaca Films estreará o seu último filme no Festival de Cine de Montreal
Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org