culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Monicreques wireless
Noticias
not_15537.jpg
Portada de titerenet.com

AS NOVAS TECNOLOXíAS CONVIVEN NO TEATRO DE TíTERES COAS TéCNICAS MáIS TRADICIONAIS

Monicreques wireless


13 / 10 / 2009
Santiago. Redacción

Sen dúbida, os espectáculos de monicreques supoñen un dos elementos máis artesáns que podemos atopar na oferta cultural. Desde a propia fabricación dos personaxes ata a súa manipulación, falamos dunha arte que mantén en boa medida a súa esencia desde hai séculos. No entanto, tamén esta actividade aprende a aproveitar as novas tecnoloxías. Dentro do festival Galicreques, unha mesa redonda analizou esta cuestión.

Titerenet é un portal centrado nos títeres que leva xa dez anos na rede e que neste tempo se constituíu nun auténtico referente no sector a nivel estatal. No web atópanse contidos que van desde como fabricar títeres a artigos de opinión, axenda ou contidos educativos relacionados con este espectáculo. Neste sentido, esta arte conta cun punto de referencia ben máis sólido e especializado do que outras artes escénicas.

Cuestión de comunicación
“En xeral sempre houbo dificultades nas relacións entre as Artes Escénicas e mais a rede. No entanto, nos últimos dez anos conseguimos xerar unha serie de contidos e información destacada arredor do títere. Semella que a xente dos títeres entendemos mellor a utilidade da Rede coma canle de comunicación do que os doutras artes escénicas”, explica José Bolorino, responsable deste espazo. Para él, esta maior implicación coa rede “pode ter que ver co feito de que a dos monicreques é unha linguaxe bastante universal e é sinxelo para unha compañía moverse arredor do mundo. En xeral o texto ocupa un segundo plano” explica, “é unha comunicación moi visual e participativa. E penso que ese espírito comunicativo que está nos títeres atopa afinidades nas posibilidades da rede”. En xeral, as compañías galegas desta arte mantéñense ao día en canto a súa presenza en Internet. “Temos un bo número e vemos que participan na rede tanto coma as doutras comunidades autónomas. Aínda que é certo que hai un maior número de compañías en Madrid ou en Barcelona”.

Contratación
Basicamente, as posibilidades que lles achega a rede a estas compañías, polo xeral pequenas, é visibilidade de cara á contratación de espectáculos. “A nivel profesional compróbase que cada día os concellos empregan máis Internet para contactar. E debemos pensar que son os principais contratantes destes espectáculos, por riba de teatros ou de festivais”; lembra Bolorino. Nese campo, a ampla base de datos de Titerenet facilita coñecer contacto, datos de contactos ou traxectoria de cada grupo. De xeito paralelo, este directorio tamén permite ampliar clientela para o sector. “Cando alguén fai unha busca xenérica sobre actividades culturais, tamén vai atopar información sobre títeres. Entón programadores que non traballan habitualmente con eles, poden incluílos nas súas propostas. Ao tempo tamén nos permite chegar a un público máis novo, que xa teñen Internet coma un medio de referencia”.

Novas tecnoloxías
Alén de Internet, as novas tecnoloxías están a se integrar de xeito continuado aos espectáculos con bonecos. “O teatro en xeral nunca foi reacio a aproveitar a tecnoloxía. Tanto en temas de iluminación ou son, como a nivel de efectos especiais, o teatro de títeres é moi propenso a absorver estas novidades”. Deste xeito, non é estraño atopar bonecos feitos de materiais sintéticos canda aos de madeira e tea de toda a vida. Luz negra, diferentes técnicas de iluminación ou proxeccións son só algunhas das innovacións que conviven co elementos máis tradicionais. Un bo exemplo de como esta arte non quedou estancada témolos nos celebérrimos Teleñecos de Jim Henson, que aproveitaron a pantalla de televisión coma un auténtico escenario e achegaron este tipo de espectáculos a millóns de espectadores en todo o mundo. A conexión coas novas tecnoloxías non queda aquí, xa que nos últimos anos está a se verificar un auténtico trasvase de profesionais e de técnicas entre este campo e o da animación. “A animación fotograma a fotograma, por exemplo, ten a mesma base que os títeres, ao final trátase de animar un obxecto e facer iso crible. E o mesmo a traballar con computador, debuxos ou bonecos, teñen moitos puntos en común. Ves a xente do títere traballando na animación e xente da animación que achega novas ideas ao teatro de títeres”. As posibilidades da integración dos monicreques ao audiovisual son inmensas e están aínda por explorar. Podemos pensar ata qué punto o Gollum dixital de O señor dos aneis ou os personaxes de videoxogos que controlamos con movementos do noso corpo non son, afinal, uns novos títeres.

Tamén che pode interesar...

Noutros medios e fontes de información:

Este é un proceso automático. Saber máis

Hoxe en culturagalega.org

O itinerario percorre os lugares da mocidade do rianxeiro
Presentamos o Roteiro Castelao no Barbanza
A mostra Os adeuses está organizada polo Consello da Cultura e mais o Centro Galego de Artes da Imaxe
As imaxes da emigración chegan á Fundación Barrié
A Fundación Caixa Galicia presentou onte o informe O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia
A crise provoca un descenso do 8,5 por cento nos traballadores do sector cultural
A obra ten guión do galego Ignacio Santos e debuxos de Martín Salvador
O Concello de Catoira publica unha BD sobre o bispo Cresconio
O incendio consumiu os retablos e varios cadros
O lume leva a Capela dos Remedios de Ourense
O cinema e o teatro sálvanse do descenso no consumo de Cultura en Galicia
Observación: As salas resisten
O grupo coruñés gravará un disco durante o mes de agosto
Proyecto Kournikova faise co premio Mans Futuro Pop&Rock 2010
Patrimonio paraliza un novo cortalumes de Medio Rural
Un cortalumes podería ter danado outro petróglifo en Oia
O proxecto pretende xerar emprego e innovar no campo da Cultura
Sesenta colectivos participan na creación do Lalinlab
A iniciativa permite coñecer o aspecto orixinal do monumento en tres dimensións
Comeza o programa de visitas virtuais ao Pórtico da Gloria
Buried chega aos cinemas logo do seu éxito no festival de Sundance
O director galego Rodrigo Cortés estrea o seu último filme en 4.000 salas
O evento contará co apoio da industria, do Concello e mais da Xunta
O Culturgal 2010 celebrarase na Coruña entre o 10 e o 12 de setembro
Reflexionamos sobre a viabilidade dos medios galegos en Internet logo do feche de Vieiros e de Chuza!
Os ocos da comunicación na rede
A organización prepara un Congreso Internacional de Directores de Festivais para a vindeira edición
15.000 visitantes encheron a Mostra de Teatro de Ribadavia
A desaparición dos dous medios pioneiros deixan un importante oco na Internet galega
Fechan Vieiros e Chuza!
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org