Unha selección de filmes inspirados nos Beatles aterran hoxe en Cineuropa. A primeira visita do cuarteto aos Estados Unidos e os filmes a partir da súas cancións Liverpool e A Hard Day’s Night son algúns dos que se poderán ver nesta sección elaborada polo xornalista e crítico Camilo Franco. Ademais, un filme baseado en Jack Kerouac e a súa novela “Big sur” , a dramática historia de Shin-ae trala morte do seu marido (Secret Sunshine) fan parte da axenda de hoxe que se reparte entre o Salón Teatro, Teatro Principal e a Aula de Cultura de Caixa Galicia.
