A relixión como salvación (Secret Sunshine); as ansias de liberdade de Tulpan, que se nega a casar un pastor que acaba de regresar da armada (Tulpan); a curiosa e surrealista aposta da filla de David Lynch, Jennifer (Surveillance) e a historia dunha moza somalí que se acaba convertendo en top model (Desert Flower) son algunhas da historias que se contan na programación de hoxe de Cineuropa. Iso si, sen esquecer o ciclo sobre os Beatles que tamén te sesións programadas.
