Despois de analizar a venda de armas e os atentados do 11-S, Michael Moore volve pór o punto de mira nun tema de candente actualidade: a crise financeira. Fiel ao seu particular estilo documental, esta noite aterra en Cineuropa, unha análise ao sistema capitalista nos Estados Unidos e no Mundo durante transición entre Bush e Obama. Canda el, están as peripecias de Mathias, ao que lle aparece unha cabeza na súa maleta cando regresa a Francia; as historias de Erik e Phillip, dous escritores con desigual sorte ( Reprise) ou o último pase de La sentinelle (Arnaud Desplechin) e The girlfriend experience (Steven Soderberg). (Entra na nova para ver os trailers)
