Roberto Varela, conselleiro de Cultura, e Francisco López Rodríguez, director xeral de Promoción e Difusión da Cultura presentaron hoxe en Ourense as liñas estratéxicas deste departamento para o vindeiro ano. Malia que se ordenan en seis campos (entre eles a cooperación cultural, promoción da nova creación, difusión da cultura, apoio ao sector cultural e planificación e xestión), o maior esforzo irá destinado ao sector do libro en todas as súas vertentes: bibliotecas, fomento da lectura e asentamento da industria do libro. En total, dos 16.937 millóns de euros desta dirección xeral, preto de 10 destinaránse a este materia. Un esforzo que coincide coa celebración do Ano do Libro e da Cultura que, segundo o conselleiro, se converterá na imaxe de Galicia no 2010 . Ademais, entre as liñas de acción, Cultura destina 150.000 euros aos Premios da Cultura Galega que perden a etiqueda de “nacionais” acuñada no seu momento polo bipartito.
