A falta dunha semana para que remate, Cineuropa encara a recta final cun dos seus clásicos: a película sorpresa. Un clásico que comparte protagonismo hoxe coa cuarta e última sesión do ciclo especial dedicada ao realizadores emerxentes do audiovisual galego. Na sesión de hoxe, o programa céntrase no traballo de Claudia Brenlla. A Aula Sociocultural Caixa Galicia acollerá a proxección da súa curtametraxe Bata por fóra (Muller por dentro) e a mediometraxe documental O Club dos Sen Teito.
