culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / O outro cultur.gal
Noticias
achegarte.jpg

A CORUñA CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A FESTA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

O outro cultur.gal


26 / 11 / 2009
Santiago. Redacción
Enviar a Chuza   Enviar a Delicious   Ver blogs que enlazan aquí    Traducir   Imprimir   Enviar  

É un lugar onde mercar libros, música, filmes, os agasallos do Nadal; a ocasión para asistir a un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. En resumidas contas, o escaparate que permite amosar que existe unha industria (editorial, audiovisual, discográfica….) detrás da cultura galega e que vende. É o Achegarte e terá lugar esta fin de semana na Coruña.

Mentres Roberto Varela reclamaba este mércores en Ourense que “hai que rematar coas subvencións para empezar a falar de industrias culturais”, os axentes desa industria ultiman a marchas forzadas os stands que lle permitirán demostrar que xa existe e que vende. Chamábase Cultur.gal, era o grande escaparate interno do país e que a consellaría non apoiou nesta edición por cuestións orzamentarias. Pero o seu espírito pervive e demostrase esta fin de semana na Coruña.

A solución colectiva
“Cando nos enteramos a finais de setembro que non se ía facer o Cultur.gal e aparece na rede un movemento esixindo que se fixera, nós decidimos que había que facer algo” explica María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da Coruña. Foi nesta localidade onde se celebrou a última (e segunda) edición do encontro e as 37.000 persoas que por alí se pasaron demostraron a súa rendibilidade. Nun tempo límite, o concello da Coruña púxose a traballar na materia e comezou a enviar correos á súa ampla base de datos solicitando a participación no encontro e un nome para o mesmo. “A denominación de Cultur.gal pertencía da Asociación de Editores, que promoveron os encontros anteriores e comezamos a buscar un novo nome” explica Bravo. Aseguran que recibiron multitude de propostas, “máis ou menos interesantes” e acabaron escollendo unha proposta, ademais de persoas particulares, unha sociedade de artistas plásticos”. Pero alén diso, a proposta foi moi ben acollida polo público. Ata tal punto que hai 95 entidades (empresas, asociacións,fundacións e clústers, entre outros) inscritas para esta edición. Ademais, outro exemplo do carácter colectivo desde encontro, “feito un pouco entre todos” como asegurou a concelleira é que a cita contará con preto de 200 voluntarios nos dous días da súa celebración.

¿En que se parece e se diferenza do Cultur.gal?
Coincide no obxectivo, na necesidade de exhibir que “temos unha cultura que vende” asegura Bravo. Pero diferénciase en que esta feira non será nin tan organizada ni tan profesionalizada, en canto á súa xestión, como a do ano anterior, pero non na calidade dos produtos exhibidos porque, segundo a concelleira, “todos os participantes puxeron especial interese” . O concello da Coruña achegará 55.000 euros e a Deputación uns 18.000 (en concepto de pagamento dos postos), moi lonxe dos 400.000 cos que a feira contou no 2008. Pero, como a propia María Xosé Bravo “non nos podíamos permitir non ter este encontro”.

¿E no futuro?
Este ano, o Achegarte aparece para suplir a non celebración do Cultur.gal, pero non se sabe o que pasará daquela. A Asociación de Editores traballa co horizonte de crear unha fundación que perpetúe a súa continuidade con independencia dos vaivéns políticos, pero aínda quedan moitos flocos por resolver. María Xosé Bravo é moi clara ao respecto “o ano que vén temos que ter unha feira da cultura”, e advirte que “o día 30 de novembro (un día despois de rematar Achegarte) comezarmos a traballar na do ano que vén, ben sexa cos editores, a través dunha fundación, ben sexa con outras entidades , pero sempre reivindicando o noso potencial como cultura”.

Tamén che pode interesar...

Noutros medios e fontes de información:

Este é un proceso automático. Saber máis

Hoxe en culturagalega.org

As edicións limitadas de Grimm Fairy Tales contan co traballo do vigués
Norberto Fernández asina capas para unha serie americana de BD
O noso país ocupa o undécimo posto entres todas as comunidades autónomas
O índice de lectura medra e alcanza o 54,9 por cento
Están dispostos a abrir o recinto se o Concello cobre a vixilancia
Os donos do castelo de Pambre rebaixan a súa proposta de alugueiro
A convoatoria de axudas do sector audiovisual centra un novo número de E_scena
Quiosco: E_scena
O certame cumpre neste 2010 quince anos de existencia
O Festival de Cine de Ourense estende a súa programación ao resto do ano
Malia a existencia dunha fenda, os técnicos non consideran que o monumento corra perigo
Patrimonio intervén de urxencia na Torre do Reloxo de Betanzos
Jose Dávila reflexiona sobre o espazo e a arquitectura no MARCO
De anexo do museo, a anexo da rúa
Arqueoloxía e literatura contribúen á documentación das receitas gastronómicas
Receitas con historia
A convocatoria sairá publicada no DOG nos vindeiros días
AGADIC volve convocar as axudas ao sector audiovisual por importe de 7.1 millóns de euros
A proposta quere regular o emprego do galego nas administracións e no ensino
Queremos Galego promove unha iniciativa lexislativa a prol do galego
O autor adianta a vindeira publicación do número 1 de Sinónimos de lucro
David Buceta achega unha BD ao proxecto La taberna del escocés
É unha construción civil de estilo gótico isabelino
A Xunta destina 300.000 euros a rehabilitar a fortaleza de Tovar
O edificio aínda terá que pasar por obras de adaptación
A capela de San Roque de Sada pasará a ter uso cultural
O encontro levará por título Ut(r)ópicos
A Bienal de Pontevedra comeza a súa XXXI edición en ARCO
A achega económica do turismo cultural supón un 2,5% do PIB galego
Observación: As cifras do turismo cultural
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org