culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / O CCG presenta o Mapa Cultural Galego en realidade aumentada
Noticias
not_15995.jpg
Unha captura de pantalla do dispositivo de realidade aumentada do CCG

O PROXECTO, EN COLABORACIóN CON SIXTEMA, PERMITE CONSULTAR 5.000 EQUIPAMENTOS CULTURAIS A TRAVéS DO MóBIL

O CCG presenta o Mapa Cultural Galego en realidade aumentada


18 / 12 / 2009
Santiago. Redacción

A realidade aumentada é unha tecnoloxía emerxente baseada na vinculación entre a realidade física e as capas de datos almacenadas en Internet. O Consello da Cultura Galega presentou hoxe á maña aos medios a súa primeira incursión nesta nova técnica, de carácter experimental, realizada en colaboración coa empresa especializada en servizos de xeolocalización Sixtema. Trátase do Mapa Cultural Galego, unha capa de datos para o navegador holandés Layar. O Consello da Cultura Galega é a primeira institución galega en ofrecer aos cidadáns información neste dispositivo.

O Mapa Cultural Galego en realidade aumentada ofrece a usuarios cun teléfono móbil equipado con cámara, GPS e brúxula a capacidade de representar sobre a realidade a ubicación e os datos de moi diversos equipamentos culturais, como museos, galerías de arte ou centros sociais. Os usuarios poden coñecer numerosos datos técnicos sobre ese equipamento, e tamén poñerse directamente en contacto con el a través de teléfono, correo electrónico ou un acceso directo aos seus webs.

O Mapa Cultural Galego toma os seus datos do Mapa de Equipamentos Culturais de Galicia, un proxecto do Observatorio da Cultura Galega do CCG, no que están catalogados e xeoreferenciados 5.000 equipamentos culturais xeoreferenciados en toda Galicia. No 2010, ao Mapa Cultural Galego tamén se incorporarán todos os elementos catalogados na aplicación de viaxes culturais Roteiros, de culturagalega.org.

Demostración do uso do Mapa Cultural Galego en realidade aumentada

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

O certame cumpre quince anos e celébrao cunha exposición fotográfica
A última película de Jorge Coira compite na sección oficial do Festival de Cine de Ourense
Educación enviou unha circular avisando aos docentes que deben acatar a legalidade
A Xunta podería suspender de emprego e soldo a quen non cumpla o decreto
O espazo estará listo en xaneiro de 2011
O Auditorio de Vigo estrearáse cun concerto e sen programación
O Roteiro Fiz Vergara Vilariño explora as paisaxes do poeta samonense
Os versos de Lóuzara
O autor prepara unha serie de viñetas para o IPhone, dispoñible en varios idiomas
O bo momento de José Domingo
O cómic véndese tanto en tendas físicas como na rede por 3.95 euros
A vida do Apóstolo, tamén en banda deseñada
Revisamos os proxectos audiovisuais que recibiron subvención neste 2010
Unha de romanos, e outras historias
O BNG empregará “todos os instrumentos democráticos” se a Xunta toma represalias
Os sindicatos estiman que tres mil docentes non aplicarán o decreto
Galicia é comunidade convidada na Semana Internacional da Moda de Madrid
Abondosa participación galega na 64ª edición da Cibeles Fashion Week
Continuará tamén coa súa actividade editorial
A Nosa Terra manterase na rede despois de desaparecer como semanario impreso
Analizarán as necesidades do Mosteiro de San Salvador e do Museo de Arte Sacra
Cultura destinará 360.000 euros a recuperar o pazo-fortaleza de Tovar
Vaca Films estreará o seu último filme no Festival de Cine de Montreal
Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián
A USC leva a cabo un proxecto de investigación dos depósitos paleolíticos do sur lucense
A campaña de escavacións de Cova Eirós finaliza con 1.300 pezas arqueolóxicas
Santiago acollerá un encontro sobre os diferentes modos de crear cultura
Adaptar a cultura
O curso 2010-2011 comeza o vindeiro 13 de setembro
Centros escolares non elexiron o idioma das materias non troncais
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org