
"É o web máis completo sobre os instrumentos musicais de tradición popular que coñezo no mundo", asegurou Pablo Carpintero na presentación do sitio, quen destacou o fincapé que se fixo mesmo en retratar o procedemento de elaboración dos instrumentos "para que calquera neno, acompañado por un adulto, poida elaboralos por el mesmo". O web inclúe vÃdeos que permiten comprender a interpretación e o son dos instrumentos, que en numerosos casos se remontan a un mundo moi antigo. O web é a versión interactiva do libro de similar nome que, como sinalou Iván Area, figurou durante varios meses entre os libros máis vendidos de Galicia.
Para Afonso Vázquez-MonxardÃn, secretario do Arquivo Sonoro de Galicia, o web ten un elevado carácter divulgativo que pode servir como "ferramenta importantÃsima de difusión nos colexios e institutos de Galicia". O Presidente do Consello da Cultura Galega insistiu ademáis na visibilidade internacional dos contidos da cultura galega: "isto permite proxectar ao mundo a nosa cultura a través dos webs do CCG".