Para os interesados, achegámoslles as claves do Diccionario Mambo, onde se explican os significados dos termos que se poden escoitar na obra. O mesmo fai parte do folleto que se reparte ao comezo de cada función para facilitar a comprensión da historia.
AMORE (representado cun corazón, non necesita tradución)
POWER (representado cun puño en alto, tampouco a precisa)
MAMBO (representado cun símbolo fálico, interpretable ben como sexo, ben coma foder, no sentido de fastidiar)
OK (que vale, que si)
STOP (vai parando)
PESETA (cartiños)
WHISKI (bebercio)
REVOLUTION (cando a vida dá unha volta)
GALAKISTÁN (Galicia)
INGLANDIA (Inglaterra)
NO (non é non)
HM (representado cos símbolos ¿?, serve para preguntar calquera cousa ou mostrar sorpresa)
PAPEL (documento)
MANDELA (criado)
PUM (pistola)
PICCOLO (pequeno)