culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Biografía de Roberto Vidal Bolaño
Noticias

Unha achega á intensa vida de Vidal Bolaño

BIOGRAFíA DE ROBERTO VIDAL BOLAñO

Unha achega á intensa vida de Vidal Bolaño


25 / 6 / 2012
Santiago. Redacción

Como un ciclo vital. A historia e a vida de Roberto Vidal Bolaño inicia e remata en Compostela (1950-2002) cidade á que o autor tiña un grande apego e onde desenvolveu boa parte da súa actividade como autor, director e actor teatral.

Vidal Bolaño era un talento creativo que demostraba en todas as frontes nas que se ocupaba desde que se iniciou no mundiño do teatro alá polo 1974 da man do grupo Antroido. Un grupo que viña a recoller algo así como os primeiros pasiños do autor (algún que outro espectáculo escolar, a colaboración co Equipo Luna do cine galego e co grupo de teatro Obradoiro) e que sentou os alicerces dunha nova forma de construír o teatro, de comprendelo e de interpretalo. Con este grupo creáronse 11 montaxes teatrais, case todas baixo o seu selo, coa súa forma de crear.

Entraríalle entón o espiral do teatro do que non se despegou e foi cabeza visible de numerosas formacións. Da man do denominado Grupo Abrente no que desde a década sos setenta se puxo a traballar para renovas tanto a escrita como a representación, daría lugar a numerosas formacións. Formou parte do denominado Grupo Abrente, un dos máximos revulsivos do teatro galego actual nacido ó abeiro do festival de teatro de Ribadavia, aínda que os seus últimos pasos estarían vencellados á Teatro do aquí, a súa actual compañía.

Roberto sabía traballar e sabía o que levaba entre mans, e iso amosouno que desde o mesmo día que se subiu a un escenario tanto como para interpretar como para dirixir. E isto vírono todos, e durante a década dos setente e dos oitenta foi recompilando gran cantidade de premios: Abrente (en 1976, con Laudamuco Señor de ningures e mención especial no 1978 con Memorias de mortos e de ausentes; en 1980 con Bailadela a morte ditosa); O Facho (mención honorífica con Xaxara, paniogas, tarelo, o rapaz e o cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón en 1977 e, tamén mención honorífica Ruada das papas e do unto en 1979) , Cidade de Valladolid (medalla de ouro por Percival, nunha adaptación teatral sobre textos de X.L. Méndez Ferrín en 1983-1984). Un camiño que foi abonando prantando pequenas sementes e que foi recollendo con grandes premios na década dos noventa. Foi nesta década cando recibiu os grandes premios institucionais tanto galegos como portugueses como españois. Fíxose co Rafael Dieste, co Álvaro Cunqueiro, co Xacobeo 92, co Eixo Atlántico, non fallou en ningunha edición dos María Casares, gañador dos premios Max de Teatro polo mellor texto de teatro en lingua galega no 2001. E entre premio e premio sempre andaba con traballo nas mans.

Comezou dirixindo no Centro Dramático Galego Agasallo de sombras (1984), Rosalía (2001), Mar Revolto (2001) e a morte chegoulle cando volvía a preparar da súa man unha obra na que ían recuperar Laudamuco, señor de ningures coa que se pretendía celebrar o 25 aniversario do teatro profesional galego.

Co seu pasamento recordarémolo como actor teatral no que destacou en traballos como en Bailadela da morte ditosa (que puxo en escena Teatro do Estaribel) ou en Caprice des Dieux (estreada por Antroido en 1985), pero deixounos como herdanza toda a súa escrita, todas as súas obras, destacan Rastros, Saxo Tenor e O día que os Chífanos deixaron de zoar. Unhas obras que, unido co seu propio carácter, coa súa impronta e coa súa forma de facer teatro, sentaron alicerces dentro da construcción dun teatro nacional galego que pasaba por una base de profesionalizar teatro.

Ademais da súa triple faceta de actor, director e autor teatral, Roberto Vidal Bolaño tamén aportou o seu gran de area no cine e na televisión nestes lindes tan pouco definidos entre a sétima arte e a dramaturxia. Foi actor e xefe de producción de catro das películas realizadas polo Equipo Lupa de cine amateur, co que se iniciaría no audiovisual. Seguindo este sendeiro aberto dirixiu a productora para televisión Olympus Comunicación a finais dos oitenta. Fixo guión dun programa concurso para a productora independente CTV, S.A. (vídeo), e nunha versión para unha serie de televisión do seu texto teatral Xubileu. Sen embargo, as súas interpretacións cinematográficas estiveron sempre en papeis secundarios, que precisaban do seu impoñente físico e a súa voz grave.

Roberto non chegou a ver a futura escola de Arte Dramática, un alicerce que sentaría as bases da profesionalización da práctica teatral pola que sempre loitou, pero abofé que o seu nome, a súa figura e a súa obra ocupará un lugar destacado nela.

Tamén che pode interesar...

Séguenos en

Hoxe en culturagalega.org

Alertan da situación de degradación do inmoble
Os veciños de Lariño reclaman a cesión do Faro de Punta Ínsua
O Festival de Teatro Galego da Vila do Arenteiro celebra a súa nova edición
Un cuarto de século nas táboas do Carballiño
O xornal ten vocación xeneralista
Nace Vigodixital
A editora anuncia a versión en galego de Cidade de cristal de Paul Auster
El Patito Editorial publica o segundo volume de Vida de Madre
Os actos centrais celebraranse mañán pola mañá
A Festa da Istoria de Ribadavia abre as súas portas
Asunta Rodríguez delegou a dirección artística
Chus Villar é a nova directora da Galería Trinta
O arquivo histórico on-line da CRTVG permite revivir o noso pasado máis recente
A lembranza do ollar(I): Pasouoquepasou, a memoria galega dende 1985
O Festival celebrarase en Boimorto entre o 13 e o 14 de setembro
A Buxaina e Lonely Coaster gañan os concursos de maquetas do Festival da Luz
Celébrase entre o 28 e o 30 de agosto
O Festival "No tengo mamá" promocionará en Vigo a autoedición
A organización anuncia unha vindeira edición en 2015
15.000 persoas asistiron ao Festival Revenidas de Vilaxoán
Será o 15 de novembro
A Esmorga estrearase na apertura do Festival de Cine de Ourense
Ten previsto un orzamento de 200.000 euros
A Xunta restaurará o pazo medieval de Diomondi
As campañas do verán permiten coñecer novas facetas do tempo dos galaicos
Castros con identidade propia
Financiarán unha homenaxe a Luísa Villalta e roteiros literarios pola provincia
A deputación da Coruña achega 24.000 euros á Asociación de Escritores en Lingua Galega
Na decoración participarán diferentes colectivos cidadás
Vigo dispón 120 medianeiras para ilustrar a historia e a cultura local
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org