culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / Achada unha calzada galaico-romana de 35 metros en Allariz
Noticias

ACHADA UNHA CALZADA GALAICO-ROMANA DE 35 METROS EN ALLARIZ

Trátase dunha vía que dividía un poboado de grandes dimensións que está a ser escavado


7 / 8 / 2012
Santiago. Redacción

Unha rúa galaico-romana dos séculos III e IV con 35 metros de longo e case tres de ancho é o máis recente achado na segunda campaña de escavación na Atalaia do Castro de Armea , na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas. Trátase segundo declaración do arqueólogo David Pérez ao xornal La Región, dunha rúa de trazado recto e ben pavimentado que divide as casas do poboado cunha cantería “exquisita”. Nunha campaña anterior en 2011 da que deu conta Cultura galega.org atopáronse os primeiros muros e vestixios desta vila galaico-romana, que segundo os arqueólogos pode ter unha extensión de 4,8 hectáreas. O Alcalde de Allariz manifestou ao xornal a súa intención de manter o apoio aos traballos en Armea como unha das súas prioridades para facelo atractivo aos visitantes e poder explotar turísticamente este ben patrimonial. En setembro procederase a labores de restauración e consolidación dos muros para que aguanten o inverno.

Tamén che pode interesar...

Séguenos en

Hoxe en culturagalega.org

O CCG dixitaliza a colección completa da emblemática revista Céltiga
Céltiga, 90 anos dunha viaxe de papel
Alicia Jaraba e Cristián Fojón impuxéronse no Certame Benito Losada de BD
Henrique Torreiro gaña o premio Ourense de Banda Deseñada
Con barqueira e remador desenvólvese do 13 ao 18 de outubro
San Simón acolle o III Obradoiro Internacional de Tradución Poética
A sede a institución acollerá esta iniciativa o vindeiro 30 de outubro
Elena Colmeiro protagoniza unha xornada no Consello da Cultura
Trece compañías compoñen o cartel do festival entre o 2 e o 18 de outubro
O FITO volta a ourense
Os folións de Viana e os ritos de mal de ollo vencellados a un marco centran a entrega
Quiosco: Caderno de Campo 9
Os gañadores repartirán os 16.000 euros do premio
Jose Romay e Berto Macei levan o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea
Afundación inaugura unha retrospectiva da obra dun dos grandes pintores contemporáneos
Pulido: o legado da emoción
Schimbare é a primeira longametraxe do director lalinense,
Álex Sampayo gaña o Festival de San Diego
A diagonal dos tolos será publicada por Galaxia
Santiago Lopo faise co VIII Premio de Narrativa Breve Repsol
Celébrase en Ourense o 27 de setembro
Expertos disertarán sobre a gaita galega en relación a outras europeas
Aparecen materiais arqueolóxicos datables e restos dun forte incendio
Os arqueólogos confirman a existencia dunha fortificación medieval nos Moutillós
Presentouse a ferramenta en liña Kit para a normalización en rede
Pechan os XVI Encontros para a Normalización apelando a un novo marco discursivo para o galego
Están orientadas á participación en festivais e para comercialización e distribución
A Xunta convoca axudas para comercialización e exhibición do audiovisual
Celebraranse o 25 de outubro e está aberta a inscrición
AS VII Xornadas de Literatura de Tradición Oral explorarán os usos e crenzas dos amuletos e reliquias
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org