
Ao tempo, detectouse un importante descenso do 25,8% no número de postos de traballo no sector, baixando a media de traballadores por empresa de 7 a 5 no ano estudado. Canda a isto, afúndese tamén a cifra de colaboradores externos por empresa.
Medra para o sector a importancia do libro de texto, que supón o 45% da facturación e mais a literatura infantil e xuvenil, que achega o 18,6%. De todos os libros que se venden en Galicia, só un 16,1% sae das empresas editoriais do paÃs e un 13,1 % están na nosa lingua.
Datos do Informe sobre o Comercio Interior do Libro en Galicia 2011 no web do Observatorio da Cultura.