
Na categoría de curtametraxes de animación impúxose Viaje a Pies, de Khris Cembe, mentres os veciños, pola súa banda, seleccionaron Lurna como mellor curta, "por reflectir unha realidade social triste de algo que percibimos a diario como son os problemas de inmigración, por contalo e máis pola forma na que está contado". Canda a estes, Xosé Barato levou op remio ao mellor actor, Diaryatou Daff o de actriz e Juan Hervella-Rego o de mellor realización. Buscando a superfama de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio, foi o mellor videoclip, mentres o premio da Can Parade foi para Isis Rodríguez.
Resumo do palmarés de Cans
Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez.
Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Viaje a Pies, de Khris Cembe.
Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: Lurna.
Premio do xurado á mellor actriz: Diaryatou Daff por Lurna.
Premio do xurado á mellor actor: Xosé Barato por A liña política.
Premio CREA do xurado á mellor realización: Juan Hervella-Rego por Share o no share.
Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Marcos Nine por Ladrones de Tiempo..
Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal: Manu Conde por Lurna.
Premio do público á mellor curtametraxe: Ladrones de Tiempo, de Fran X. Rodríguez.
Premio do xurado a mellor videoclip: Buscando a superfama de Heredeiros da Crus, dirixido por Olga Osorio.
Mención especial do xurado ao videoclip El último esfuerzo de Manos de Topo, dirixido por Alejandro Marzoa
Premio do público a mellor videoclip: Whith my hands de Furious Monkey e dirixido por Violeta Mosquera.
Premio da Can Parade: Isis Rodríguez.