
Small Stations Press e a Xunta de Galicia acaban de presentar ao público a primeira edición monolingüe en inglés de
Follas novas, de RosalÃa de Castro.
New Leaves ve a luz nunha tradución da poeta canadense ErÃn Moure, que xa se encargara de trasladar
Cantares gallegos, no marco da colección "Galician Classics". O lanzamento súmase a outros tÃtulos xa integrados nesta colección, como son
Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, unha escolma de Lois Pereiro,
Nimbos, de DÃaz Castro e
Cantares gallegos, da propia RosalÃa. Con anterioridade a esta edición, a editorial viguesa Trymar presentara en 2014 unha versión bilingüe inglés-galego desta mesma obra, con tradución de Xosé Carlos Morell. Do mesmo xeito, diferentes poemas do libro viran a luz na lingua de Shakespeare en distintas antoloxÃas e artigos.