
O acto celebrado onte no salón de plenos da Deputación contou coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; os alcaldes e alcadesa de Trasmiras, Cualedro e Allariz, Luciano Rivero, Emilio Pazos e Cristina Cid; o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa; senadores, deputados provinciais de todos os grupos presentes na corporación; representantes do mundo da cultura; familiares e amigos. A profesora e catedrática de FiloloxÃa Española da Universidade de Vigo, MarÃa do Carmo HenrÃquez, foi a encargada de ler a laudatio, destacando na súa intervención que Alonso Estraviz, como humanista e filólogo, realizou "relevantes contributos no ámbito da lexicografÃa e filoloxÃa galego-portuguesa, nun mundo no que é difÃcil citar outras personalidades de igual categorÃa e capaces de elaborar durante varias décadas unha obra tan meritoria e dun único autor", en referencia ao Dicionario da lingua galega. O deputado Armando Ojea, como instrutor do expediente de honras, fixo un repaso pola traxectoria intelectual do homenaxeado, ao que se recoñece coa Medalla de Ouro da provincia por toda unha vida "marcada polo seu carácter de traballador incansable en prol da defensa, estudo e difusión do noso idioma, que o converteu nun dos maiores especialistas que deu Galicia".