Padrón, Compostela e Lugo acollen entre os días 1 e 3 de xuño a cuarta edición de Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües. O proxecto da fundación Rosalía de Castro conta este ano no seu programa con Jesús Castro Yáñez, Antía Otero, Luís López Alonso e Miriam Reyes, así como coa madrileña Sara Plaza e o asturiano Xuan Bello.
A iniciativa desenvolverá en Padrón e Compostela unha visita a lugares rosalianos seguida por un recital das autores e autores que participan do programa. En Lugo será a xornalista e poeta Nieves Neira quen guíe un percorrido pola cidade literaria o Vello Cárcere o local que acolla o recital no día 3.
Rosalía en Camiño desenvólvese co apoio de Turismo de Galicia e do Parlamento ademais da colaboración dos concellos de Lugo e Santiago e do Museo do Pobo Galego.