culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / A Fundación Araguaney suspende en Santiago o festival euroárabe Amal
avgNoticias
A Fundación Araguaney suspende en Santiago o festival euroárabe Amal

MANTéN UNHA MOSTRA CON TíTULOS NOVOS E OUTROS PREMIADOS NA HISTORIA DO CERTAME

A Fundación Araguaney suspende en Santiago o festival euroárabe Amal


27 / 2 / 2013
Santiago. Redacción
Ligazóns

Era unha cita clásica do calendario cinematográfico de Santiago instalada no último trimestre do ano. Fiel á orientación da Fundación Araguaney, entidade que o organizaba desde hai unha década, Amal pretendía achegar a problemática árabe a través de filmes realizados neses países ou en Europa. Sufriu numerosas modificacións ao longo da súa historia e desde hai un tempo realizaba mostras da sección oficial en diferentes ciudades españolas e latinoamericanas. De feito, malia que en 2013 non haberá sección oficial competitiva. Os motivos, para o presidente da Fundación, Ghaleb Jaber, “a falta de apoio institucional, sobre todo por parte do concello, que mantivo unha actitude belixerante”.

“É un festival que proxecta a Santiago no mundo, que ten un orzamento duns 300.000 euros e que o concello só colaboraba con 10.000 euros, mentres destinaba 500.000 euros a outros dous festivais” contextualiza Ghaleb Jaber. O presidente da Fundación Araguaney especifica que perde a sección oficial competitiva, pero a mostra permanece. “Solicitaremos o Teatro Principal como sempre, porque hai unha cidadanía e uns espectadores fieis aos que hai que seguir atendendo pero non será un festival competitivo, con xurados, directores e xornalistas internacionais” puntualiza.

A Fundación Araguaney manterá a mostra en Santiago, pero tamén en Mexico, Arxentina, Panamá, Venezuela, Marruecos e Madrid onde exhibirá estará títulos premiados nestes dez anos de traxectoria e incorporará 5 novos filmes actuais. Ademais, pretenden manter a colaboración iniciada en 2012 con La 2 de TVE que exhibiu un ciclo de proxeccións temáticas



*Información actualizada

Tamén che pode interesar...

Hoxe en culturagalega.org

Un convenio entre os editores e a administración potenciará o libro dixital
O sector editorial celebrará as vodas de prata do libro infantil e xuvenil
Os premios da Musica Independente crean unha categoría en lingua galega
Xoel López finalista a mellor artista dos Premios da Musica Independente
Lois Patiño e Miguel Mariño presentes na sección Sinais para valores galegos
Jaime Chávarri destaca no renovado formato do Festival S8
Os propietarios teñen a obriga de legal de abrir o pazo ao público
Cultura non renovará o convenio que regula as visitas no Pazo de Meirás
Os actuais responsables laianse da falta de "relevo xeracional"
Disólvese o Liceo Rubia Barcia
Cans cumpre dez anos batendo marcas de público e recoñecemento profesional
O festival que todos queren ter
A asocaciación agarda coñecer o orzamento definitivo para definir o modelo
Sergio Lago non seguirá á fronte do Culturgal que reducirá o seu tamaño
Destina 500.000 euros a esta partida, o mesmo que en 2012
O Ministerio convoca as axudas para a asistencia a festivais e certames de prestixio
Galiza Ano Cero e Adtlántida agroman para reformar a experiencia audiovisual
A televisión reinvéntase
O complexo conta con 8 salas e 1.539 butacas
Pontevedra quedará sen oferta cinematográfica o vindeiro 14 de xuño
Conta cun orzamento de 9.500 euros
Tordoia vai reconstruír o dolmen de Castenda
A presenza é posible grazas ao apoio de Agadic e do IGAPE
Sete empresas participan no mercado de contidos audiovisuais de Cannes
Conferencias, visitas guiadas, obradoiros e exposicións entre as propsotas
Xa é público o programa do Arde Lucus
Unha radio itinerante, paseos sonoros ou un mapa sonoro fan parte de Música en branco
Un proxecto recupera a identidade sonora do barrio do Agra do Orzán
O grupo pontevedrés lanza o seu primeiro disco a apostar pola fusión folk
Banda Baile Asalto convida á festa
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org