A Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela (Galicia). Un lugar que é o centro de moitas cousas.
7.000 metros cadrados. Unha Catedral. Un hotel de luxo. Unha Universidade. Unha sede do Presidente do Goberno galego. Unha sede do Consello da Cultura Galega. O goberno local de Santiago. Miles de persoas diarias. E o tempo, o inclemente tempo.
Había que contalo.
A redacción de culturagalega.org está a facer este fotoblog co que se encontra cando sae do Pazo de Raxoi, onde temos a redacción.
Levamos a Praza do Obradoiro a Internet.