|

|

Berrogüetto
actuou a na primeira semana de outubro xunto ó grupo Capercaillie
en Escocia na presentación para a prensa do festival Keltic
Connection, que reunirá a máis de catrocentos grupos
ó vindeiro mes de xaneiro. A formación fixo un concerto
que foi retransmitido en directo pola BBC e outro nun auditorio
de Glasgow ante tres mil persoas. O
grupo partirá nestes días cara a Arxentina a presentar
alí "Viaxe por Urticaria". O público arxentino
sen dúbida poderá éscoitar pezas do album tan
suxerentes
como A forza das mareas ou Aquí canto
Berrogüetto
é unha representación perfecta da creatividade musical máis renovada
no que a música popular atinxe. A calidade instrumental que os seus
compoñentes atesouran, e a rigorosidade coa que desenvolven o seu
traballo, reflictense sen dúbida nas súas composicións.
O seu último traballo,"Viaxe por Urticaria" (Do Fol Edicions,
1999), é a reconciliación da utopía coa realidade.
O primeiro traballo de Berrogüetto, "Navicularia"
(Do
Fol Edicions, 1996),
recibíu o Premio da Música concedido pola Crítica alemana
na categoría de "Folklore, Weltmusik". Os once temas de Navicularia,
como Valseiro ou Canco Crú , representan unha travesia que
vai do tradicional ó contemporáneo navegando por valses, muiñeiras,
alalás, polcas... ; unha viaxe a través do tempo, sen perder a pegada
da identidade cultural da que xurden.
|