|


|
O
tres dos sete
Por fin. Logo de
dous anos de expectación, o terceiro traballo de Berrogüetto
sae á venda. "Hepta", como xa temos avanzado neste
mesmo portal, está a chamado a ser moito máis que
un disco.
A intervención artística do grupo con Georges Rousse
na vella fábrica de Sargadelos, o concerto de verán
e Ourense cos sete músicos de todo o mundo que colaboraron
na gravación, a páxina web do grupo ou o video musical.
Todo son pasos dentro do mesmo proxecto, unha homenaxe ó
número sete que vén dada tanto polo número
de membros do grupo como polas notas musicais, as cores básicas
ou toda a simboloxía que se lle queira buscar.
Falando do
disco
Afortuanadamente para os afeccionados, "Hepta" contén
máis de sete cancións, de feito son trece, a última
das cales "Azul Graso", hai que escoitar con atención
e ata o final. Iso sí, todas as cancións posteriores
á septima están numeradas coa suma "7+X".
O CD contará cunha edición limitada en caixa que inclúe
un libreto de vinteoito páxinas e unha postal nos que recollen
diferentes fotografías da intervención artística
que o grupo realizou co francés Georges Rousse en Sargadelos.
Ademais, desde a discográfica Boa-Music prometen sorpresas
para este formato.
Calidade mantida
Dentro do disco atopamos o que todos os afeccionados agardaban.
Máis Berrogüetto. Co seu estilo inconfundible, cos constantes
xogos de palabras e de conceptos nos títulos e na música,
o grupo reafirma a súa identidade e a súa vocación
experimental dentro do folk.
Así, cancións coma "Galim@tias.tacom",
ou "Azul Graso" amósannos a vontade innovadora
dos sete músicos, mentres con outras coma "Cantos de
Monzo" ou "Alquimista de soños" atopámonos
máis apegados ás formas de canto tradicionais.
As melodías, como é habitual no grupo, oscilan entre
uns tempos de lentitude e tenrura e unha forza rítmica, que
se desenvolven contanto máis coas guitarras que en anteriores
traballos. O emprego de instrumentos novos, vidos de todo o mundo,
achegan novas formas de sonoridade que o grupo acada integrar perfectamente
no seu estilo habitual.
Sete
colaboracións
O disco contou con colaboracións internacionais de altura
provintes de todo o mundo. Así o armenio Jivan Gasparian
achega a súa interpretación do duduk. Desde Suecia,
Markus Svensson toca a nyckelharpa en "Setestrelo", e
desde Hungría, Kalman Balogh achega ó disco o seu
cimbalom en "Azul Grasso". Máis de perto, Kin García
toca o baixo en "Alquimistar de soños" e "Azul
Graso", Xavier Díaz pon a súa voz en "Cantos
de Monzo" e Luis Palacín achega a súa harmónica.
Os créditos de cada unha das cancións e moita máis
información sobre o disco poden lerse na recén estreada
web do grupo:
http://www.berroguetto.com
O anterior disco de Berrogüetto en
RCG
Reportaxe
sobre o proxecto Hepta
Dous
videos da presentación de HEPTA en Radioya.com
|