Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Crus de Marihuana
Vives
Mördor


Mutenrohi - "Danze"
Zenzar - "Todo vai ben"
Berrogüeto - "Hepta"
Anubía - "Segredo a voces"
Mercedes Peón - "Isué".
Berrogüeto - "Viaxe por Urticaria"
Nenos da Revolta - "As vozes roubadas"
"Sei quen es", BSO
Killer Lixo vol. III
"O retorno do Lixo Assassino"

 














 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tan só rockanrol

O novo disco de Zënzar semella facerse eco xa no título daquela canción dos Stones cando dicían "Sei que é só rock & roll, pero gústame". Cun título contundente e curto "Rockanrol", adaptando así ó nome anglosaxón á denominación de uso popular, o grupo de Cerceda presenta este novo traballo xusto un ano despois do seu anterior "Todo Vai Ben" (2001). Nos oito temas do novo disco están moi presentes os riffs guitarreiros e o estilo duro que é característico desta banda.

Cancións da primeira época
Rematada a xira de presentación de "Todo Vai Ben" xurdiu no seo da banda a necesidade de plasmar en disco unha serie de cancións inéditas pertencentes á primeira época do grupo que, por diferentes motivos foron quedando atrás. Agora, máis de dez anos despois dos comezos da súa aparición baixo o nome de Mördor, o grupo recolle neste CD eses temas primixenios pasándoos, sen dúbida, polo filtro da súa contrastada experiencia. Con este disco Zënzar salda unha conta co pasado e pódese dicir que pecha un ciclo brillante, tendo en conta a escaseza de apoios a grupos do seu estilo, e a conseguinte ralentización de tódolos seus proxectos por falla de medios.
No disco, cunha carga menos irónica e de crítica social que o anterior, temos por un lado cancións coma "Cousa branca", "Anos que voaron", "Estou ben así" e "O rei do billar", cunha forte carga rockeira e de temática relacionada coas drogas, o alcol e o destino. Con "Mördor" fan unha homenaxe ós seus principios baixo ese nome, compre sinalara que a letra desta canción está inspirada no famoso libro "O señor dos aneis". Tamén hai unha referencia literaria na letra de "Falo" que ven dun poema de Celso Emilio Ferreiro moi crítico coa emigración galega. Con "Cruz de Marihuana" volven Zënzar a facer unha versión dun narcocorrido, xa o fixeron no anterior disco con "A banda do coche encarnado", orixinal dos mexicanos Grupo Exterminador adaptada e arranxada dunha maneira máis rockeira e rompendo por unha vez a norma de cantar en galego, pois neste caso respectouse o idioma orixinal que é o castelán. É de destacar nestes dous temas a colaboración ás voces de Filipa e Pepa do grupo "Liñaceira".

Operación 1000
A gravación de "Rockanrol" fíxose nos estudios Bonhan na Coruña no mes de marzo de 2002. O grupo demostra tamén a súa forte personalidade xa que ante a falta de iniciativas empresariais para apoiar o seu estilo optaron pola autoproducción, coma no anterior "Todo vai ben", e ante unha ausencia de apoio á distribución, para adquirilo haberá que contactar directamente coa banda. Pero ante esta situación, e semella que case como resposta á Operación Triunfo, o grupo fixouse uns obxectivos co anterior "Todo Vai ben" poñendo en marcha a "Operación 1000", coa que se pretende chegar os 1000 exemplares vendidos dese último disco. Soa ridículo comparado coas cifras millonarias que manexan noutras "operacións", pero tendo en conta que non ten distribución, nin promoción, nin sae nas Tv., nin soa nas emisoras comerciais, non está nada mal. Fontes do grupo aseguran que están chegando a esa cifra, e animan a quen queira colaborar para que se poña en contacto coa banda "e farémoslle chegar o disco ao mesmo prezo que comprado directamente, é dicir, 9 euros.



http://www.zenzar.info





 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000