Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Cantar de bois
Deixa
Adorro
O mar


Mercedes Peón - Isué.
Berrogüeto - "Viaxe por Urticaria"
Nenos da Revolta - "As vozes roubadas"
"Sei quen es", BSO
Killer Lixo vol. III
"O retorno do Lixo Assassino"


 

 

 




 

 

 












Isué (Resistencia, 2000) é o primeiro traballo da artista coruñesa Mercedes Peón, que dende os dezasete anos percorre a xeografía musical galega recuperando ás raices tradicionais no mesmo campo onde nacen.

A forza das mareas

Mercedes Peón pasou tres anos preparando este disco, a boa acollida que ten entre a xente o tema que fixo para a serie "Mareas vivas" animouna a sacalo. De feito ese mesmo tema "O Mar" aparece neste album cunha entrada a capella que o fai máis sorprendente. No disco, que é "cen por cen galego", a artista non rexeita certos tipos de mestizaxe coas músicas norteafricanas, nas que atopa similitudes cos ritmos galegos que a fan "mirar máis cara o sur."

Un traballo de amor

O tema que encabeza e da nome ó disco, Isué, é un ritmo de muiñeira punteada moi actual sobre ó que Peón compuxo unha ribeirana. O resultado é unha peza que anticipa as marabillas que imos atopar escoitando as dez que a seguen. O nome Isué ven de "eso é" que din os músicos ó terminar un tema, e explicao a propia Mercedes como unha palabra caseque universal estéticamente. O disco presentouse a mediados de outubro e, segundo a artista, é "un traballo feito con todo o amor" que pretende espresar a súa aprendizaxe e coñecemento da tradición oral. Mercedes Peón libera, co album, os sentimientos deixándoos voar cara a quen os queira recoller.

 

A modernidade misturada harmonicamente coa tradición, en melodías sinceiras e complexas traballadas dende a perspectiva de quen ten clara a súa identidade e lle adica cariño e paixón ó que fai e que ten claro que non quere deixar no esquecemento a música que lle pertence por legado .

Site oficial de Mercedes Peón






 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000