|

|

"As vozes roubadas"
(Boa Music, 2000) é
o segundo disco desta formación saída no ano 93 de
entre as iniciativas musicais que xurdiron do Centro Social Ocupado
Ruela de Vigo. Letras comprometidas e con aire de disidencia, espresión
de posturas culturais, sociais e políticas.
Música de mestizaxe e experimentación sonora. Hip-hop,
reggae, ska, rumba, raggamuffin...
Integrando no discurso sonoro as pandeiretas e gaitas cos teclados
e os samplers. Unha
proposta de revolta asentada nunha idea cultural da que a música,
aínda que importante, non é o límite no que
queren quedar estes seis músicos.
Sons
militantes
O
signo @ que forma parte do nome do grupo non é un aceno internautico
como algúns poderían pensar, senon case que unha declaración
de igualdades de xénero. E é que Nen@s da revolta
preocúpase de verdade por temas sociais como a desigualdade
das mulleres, os dereitos dos traballadores, a liberación
dos animais, a identidade cultural.
Estas ideas, que xa estaban no seu primeiro disco "A revolta
d@s Nen@s /Raggaliza dissidente" (Sons de Luita, 1998), voltan
agora arroupadas por unhas composicións musicais máis
coidadas e impactantes, tanto en arranxos como en producción,
que alonxan ó grupo de todo folklorismo cara a unha mensaxe
musical máis o pé das rúas do fin de século.
Influencias
e confluencias
Sen
querer falar de influencias, senon máis ben de confluencias
no estilo, os dezaseis
temas deste "As vozes roubadas" poderían ser comparados
con moitas composicións de artistas sobradamente coñecidos
coma Manu Chao ou Amparanoia, sen ter nada en absoluto que envexarlles
nin musicalmente nin nas súas mensaxes.
Os da revolta refortalecen
a escea caseque esmorecente dos novos sons, que dende hai anos non
tiñan unha representación clara, coma no tema que
da nome ó disco, no que fan un tratamento de Hip-hop combativo. Pero
a influencia sonora que @s Nen@s da revolta si amosan neste traballo,
como xa fixeran no anterior, é aquela que ven do Caribe,
o reggae e o raggamuffin, onde tamén foi usada para transmitir
mensaxes comprometidos coa sociedade. En temas como o impresionante
"Visita ao matadoiro" esa influencia queda recoñecida
incluíndo estrofas do mesmo Bob Marley .
Nen@s
da Revolta na rede
|