Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

A proba
Mario, ráfagas de memoria
Un cuento árabe
"Tú eres su memoria"/"Sé quien eres"
El incendio (reprise)


Mercedes Peón - Isué.
Berrogüeto - "Viaxe por Urticaria"
Nenos da Revolta - "As vozes roubadas"
"Sei quen es", BSO
Killer Lixo vol. III
"O retorno do Lixo Assassino"





 

 

 



















A producción galega "Sei quen és", dirixida por Patricia Ferreira acadou un Goya á mellor banda sonora o sábado tres de febreiro, premio que se suma ós que xa obtivera en varios certames internacionais. Entre eles destacan o premio José Rivero á Mellor Nova Directora na I edición do Festival de As Palmas, catro premios no Festival de Lorca ou a participación no Festival de Berlín 2000.

A obtención deste galardón non foi casual.Detrás da banda sonora desta producción houbo un esmerado traballo de coordinación entre directora e músico, e o indubidable talento dun compositor que xa asinara algunhas dos máis memorables temas do cine español.

Buscando a unidade

A banda sonora da película, composta polo veterán José Nieto, acada transmitir a inquietante atmósfera na que se desenvolve a acción e foi froito dun intenso traballo de intercambio de ideas entre a directora e o compositor. Patricia Ferreira quería "unha música de cine, unha banda sonora que se apegara á imaxe, reforzándoa, apoiándoa e ampliando a dimensión do sentido de cada escea".

E atopouna. A elección de José Nieto, un profesional de recoñecido prestixio, que xa acadara varios Goya pola música de películas coma "El bosque animado", "El rei pasmado" ou "El maestro de esgrima". Xuntos desenvolveron un traballo de visionado e un intenso proceso de discusión coa intención de definir perfectamente a sensación que a música debía transmitir en cada escea.

O acerto da desmemoria

Segundo eles, a idea básica que vertebra todas as pezas musicais partíu dunha escea da película, aquela na que o protagonista amnésico recupera momentanemente a súa memoria. A partir deste intre concreto desenvolvéronse 21 pezas que xiran arredor duns personaxes que tentan esquecer o seu pasado para fuxir do destino.

As vinteunha pezas que inclúe o CD coa banda sonora foron gravadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección do propio José Nieto, no Auditorio da Coruña. Segundo Patricia Ferreira, cando viu por fin a película coa banda sonora completa decatouse "non só que me gustaba, senón que ademais acertáramos xuntos".





 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000