|

|

Desde debaixo da
terra, as bandas independentes máis ruidosas atópanse
reunidas no segundo recopilatorio do selo musical Lixo Urbano Ediçons:
"Killer Lixo vol.II -O retorno do Lixo Assassino".
Unha colección de lixo
Punk-rock en galego, español e inglés feitos por bandas
de todos os recantos do mundo. Desde os composteláns Fame
Neghra ós finlandeses de The Flaming Sideburns, pasando por
bascos, cataláns ou madrileños. Esta variedade supón
unha internacionalización do traballo desta casa, que xa
sacara un volume de Killer Lixo "o primerio recopilatorio galego
de punk-rock" só con grupos galegos.
As últimas tendencias neste estilo reinterpretadas por grupos
que, con maior ou menor veterania, van construindo un nome entre
os afeccionados ó punk.
O lixo galego
Aquí presentámosche unha mostra da presencia galega
neste recopilatorio. Desde Compostela Samesugas preséntannos
"Quero dormir", unha enérxica canción desta
banda nacida en 1999.
Outro grupo compostelán, o xa desaparecido Fame Neghra, traenos
"Beiços, línguas e pulmons". Desde Vigo
unha formación con historia, Foggy Mental Breakdown atacan
con "The Kill", e desde Coruña chega "The
Look" de Mistakens.
Outra banda
coruñesa que comeza a soar "Thee virus" aportou
a este recopilatorio "Como un animal". Rematamos cunha
versión dun clásico do xénero, "Those
boots are made for walking", a cargo do novo grupo Japón
84, no que participan algúns ex-membros de Fame Neghra.
Lixo Urbano
Lixo Urbano comezou como unha distribuidora independente especializada
en punk, hardcore e músicas afíns. Despois de editar
maquetas de grupos míticos na escea galega coma "Dirty
barriguitas", lanzouse á edición de discos, lanzando,
con este segundo recopilatorio, oito álbumes, entre so que
se encontraba "O neno carburador" de Fame Neghra ou "Media
Circus2 de Fullsomes. Na súa actividade como distribuidora,
conta cun amplo catálogo internacional de punk, hardcore,
ska, reggae e outro xéneros poucos difundidos entre o grande
público.
Killer
Lixo na rede
|