Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

h2o
Nai
Sexto Misterio
Clave de Ferreña
Noite ameigada



Mercedes Peón - Isué.
Berrogüeto - "Viaxe por Urticaria"
Nenos da Revolta - "As vozes roubadas"
"Sei quen es", BSO
Killer Lixo vol. III
"O retorno do Lixo Assassino"

 

















 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NO BICO UN CANTAR

Anubía é un grupo formado por seis mulleres pandereiteiras que se xuntaron en 1998 para avanzar na idea de que a tradición non está rifada coa modernidade. O nome do seu primeiro traballo discográfico "Segredo a voces" (Boa Music, 2001)fai referencia de algún xeito a esta idea xa que elas cantan coas súas voces os segredos máis profundos da música oral de Galicia.

Influencias ben asimiladas
"Segredo a voces" é unha obra chea de ledicia e frescura onde Eva, Maite, Ana, Teresa, Patricia e Isabel amosan o seu dominio das cordas vocais. Nos doce temas que se recollen no disco as polifonías vocais quedan equilibradas entre elas e cos instrumentos gracias a un bo traballo de producción da man de Pancho Álvarez, membro da banda de Carlos Núñez e participante nalgunhas das iniciativas musicais máis destacadas dos úlitmos anos en Galicia..
Nesta dúcia de temas do disco atopamos influencias ben asimiladas de ritmos árabes ou melodías Pop que enriquecen e aportan orixinalidade. Sen dúbida que as aportacións de catro dos membros de Berrogüetto á gravación do album contribúe a dotar ó son dunha calidade escepcional.

Experiencia e preparación

A historia artística desta formación comeza cando, na pubertade, xuntaronse a cantar dentro da Agrupación Folklórica Cantigas e Agarimos, importante foro compostelán das expresións artísticas tradicionais por onde pasaron xa antes outras famosas pandereiteiras, o grupo Leilía, precursoras en demostrar que a forza da tradición oral feminina na música galega é moito máis importante do que ata hai uns poucos anos semellaba.
As seis mozas compoñentes de Anubía comezaron a súa experiencia en gravacións participando en 1996 co grupo Berrogüetto no internacionalmente coñecido album Navicularia. Precisamente dun dos temas que cantaban nese álbum saíu o nome da formación, ese verbo galego que describe a acción das nubes cando de súpeto cubren o ceo antes despexado. A súa presencia nos concertos de Berrogüetto seguíu durante os seguintes tres anos, mentres elas xa preparaban a súa emancipación para seguir o seu imaxinario musical propio con Anubía.

Anubía na rede





 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000