Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Escoiten señores
Nubeira
Abreme a portilla
Dond'has de ir á herba-vers 2001



Anubía - Segredo a voces
Mercedes Peón - Isué.
Berrogüeto - "Viaxe por Urticaria"
Nenos da Revolta - "As vozes roubadas"
"Sei quen es", BSO
Killer Lixo vol. III
"O retorno do Lixo Assassino"

 

















 

 

 

 

 

ELIXIR DE XUVENTUDE

MUTENROHI é unha banda xa consolidada dentro do panorama musical, agora presentan o seu cuarto traballo: DANZE (Zouma Records, 2001). Neste disco seguen na súa liña de innovación e investigación musical, buscando a unión real entre a música tradicional e o pop.
O nome do disco revela a intención de buscar unha música para bailar, que faga dos seus concertos unha boa forma de pasar o rato, desfrutando dun espectáculo de música tradicional desde a elegancia e os arranxos.

Punteiros
Mutenrohi ten sido dos primeiros en moitas cousas en Galicia. Foron o primeiro grupo folk que fixeron un disco en directo, os primeiros en realizar proxeccións nos concertos, en usar bailaríns nos espectáculos, dos primeiros en usar "loops" e secuencias musicais nas súas produccións. É tamén a primeira das novas bandas que recuperou a voz para as súas gravacións, como neste traballo que inclúe seis temas vocais. A voz de Cristina Barriga volta á banda despois de colaboracións no anterior disco ("Cousas da Lúa", CNR Arcade 1999) e de ir de xira con Cristina Pato.
A música de Mutenrohi tenta, como xa é unha tendencia hoxendía, tender pontes entre a tradición musical do pasado e necesaria actualización de acordo coa xuventude dos músicos da banda.
Secuencias, guitarras con wah-wah, baixos con distorsións, misturados con frautas, gaitas e violíns.

Un grupo consolidado
No seu curriculum os xovenes integrantes de Mutenrohi poden presumir de ter tres nominacións ós Premios da Música organizados pola SGAE e a Sociedade de Artistas Interpretes ou Executantes, catro discos publicados, participacións nalgúns dos festivais máis importantes de Europa, compartiron escenario con Davi Spillane e Capercaille e serviron de teloneiros para Alan Parson na súa xira española do 2000.
Do grupo xurdiron xa músicos que en solitario demostraron a súa enorme valía, como é o caso de Cristina Pato ou Xoan Carlos Fasero.
O posto deixado pola gaiteira é agora ocupado por Xurxo Brea na flauta e gaita do grupo.





 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000