Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Ratos no hórreo
A banda do coche encarnado
Camilo
Chegando a casa



Mutenrohi- Elixir de Xuventude
Anubía - Segredo a voces
Mercedes Peón - Isué.
Berrogüeto - "Viaxe por Urticaria"
Nenos da Revolta - "As vozes roubadas"
"Sei quen es", BSO
Killer Lixo vol. III
"O retorno do Lixo Assassino"

 














 

 

 

 

 

 

Vibracións con sentidiño

O grupo Zënzar achéganos desde Meirama o seu seguno LP, "Todo vai ben". Detrás dunha espectacular portada debuxada por Javi Prieto atopamos trece temas ben tocados e cantados integramente en galego nos que a enerxía máis pura mestúrase co lirismo e coa denuncia social.

Forza ben levada
Os Zënzar continúan co seu estilo: ritmos rápidos con guitarras contundentes conforman o groso do disco. As letras, agudas e críticas, conforman unha paisaxe na que a carraxe e a ironía son as armas contra o caciquismo, contra a destrucción do medio, contra o poder e a hipocrisía. Así atopamos cancións tan duras coma "Ratos no hórreo", "Chove" ou "Camilo".

A ironía xa está presenta na propia portada do disco. O lume e a morte presiden unha portada na que asasinos e torturadores sorrín á cámara. Na contraportada, as vacas revolucionadas ameazan con tomar a catedral de Compostela mentres a cidade arde. Un bo indicativo do que podemos atopar dentro.

A pesar da capacidade de crear cancións rápidas e enérxicas que amosan, os Zënzar non se deixan levar polo ritmo sen sentido, e saben baixar a velocidade para temas máis íntimos, coma "Dame máis" ou "Chegando a casa".

Gravación e colaboracións

O disco gravouse nos estudios "Nuevos fusión" de Javier Abreu en Nigrán entre decembro do ano 2000 e febreiro deste ano, e foi producido integramente polo propio grupo.

A pesar de que o rock duro é o ritmo dominante no disco, atopamos dous temas nos que o grupo se abre a outros ritmos con colaboracións de luxo.

Xan dos Papaqueixos achega a súa gaita a "Todos me queren", adaptación dun tema popular. Pola súa banda, Rómulo Sanjurjo, dos Diplomáticos, toca o acordeón en "A banda do coche encarnado", un narco-corrido achegado á realidade galega.

Un pouco de historia
Zënzar naceu en 1987 en Meirama baixo o nome de Mördor. Logo dalgunhas modificacións na súa composición, e xa co nome actual, gravaron en 1992 unha maqueta
con cinco temas titulada "Contos e lendas de terra adentro".

Tamén por esta época comeza a súa colaboración na organización do Festival de Rock de Meirama, antecedente do de Cerceda. Logo de sacar en 1995 "Fascinados polo prohibido", un casete con oito temas, viu a luz, no 97 "Disparados ó futuro". Ademais, teñen colaborado en diversos álbumes colectivos e percorrido toda Galicia cos seus concertos.

Para saber máis sobre eles e coñecer as súas vindeiras actuacións, podes consultar esta páxina:

http://usuarios.tripod.es/zenzar/id17.htm





 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000