Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega



Presentación.


Cantigas de amor, escarno e maildicir da lírica galego-portuguesa


Xohan Airas recupera a lírica do século XIII


Poemas de Sancho 1º e de Airas Núñez


O Marqués de Santillana e Arcediano: literatos españoles que tamén escribiron en galego


O esmorecemento da lingua nos séculos escuros


Rosalía, Curros e Pondal artífices do Rexurdimento


Un repaso polo século XX



Antoloxía poética en Bos Aires(1956)
Suárez Picallo "Fálalles de nós"
Antonio Pérez Prado "Unha historia clásica.


 

 

 



 

 

 



 

 

 



 


En 1956 o colectivo de galegos emigrantes en Bos Aires celebran as coñecidas xornadas galegas que pretenden acreditar colectivamente a Galicia dende o outro lado do océano. Son unha mostra da exaltación da nosa terra dende a distancia e a añoranza no mesmo momento no que se acada o medio século de vida do Centro Galego na Arxentina.

Dirixido e glosado por Eduardo Blanco Amor, o recital poético constitueu unha homenaxe á poesía, e á lingua galega. Lita Soriano, Lito López,  Fernando Iglesias, Tacholas , o propio Blanco Amor,  Pilar Hebrón e Manuel García na pandeireta foron os encargados de poñer a voz nun percorrido pola historia de Galicia dende o século XII ata o actual.

Lírica medieval
O recital comeza cos poetas do século XII ó XIII, onde as cantigas de amor, amigo ou escarnio da lírica galaico-portuguesa estaban en pleno apoxeo
.

Século XII-XIII
Sancho 1º o Vello, Peedro Annes de Solaz, ou Airas Núñez foron algúns dos poemas que compuxeron desta época.


Século XIII

No século XV destacado poetas casteláns escriben na nosa lingua. Así  tanto o Marqués de Santillana como Arcediano de Toro teñen o seu oco neste recital. De seguido poderás atopar un poema homenaxe á figura da infanta martir , Xoana A Beltranexa.

Século XV
No século XV destacado poetas casteláns escriben na nosa lingua. Así  tanto o Marqués de Santillana como Arcediano de Toro teñen o seu oco neste recital. De seguido poderás atopar un poema homenaxe á figura da infanta martir , Xoana A Beltranexa.

Séculos escuros
A partires deste momento a lingua galega vai a sufrir o seu esmorecemento, entramos así nos séculos escuros que Blanco Amor define deste xeito.

Rexurdimento

Tras una dura etapa no século XIX aparece o rexurdir. Rosalía, Curros e Pondal as máximas figuras deste momento de recoñecemento do idioma e de loita por el.

Século XX

Chegamos deste xeito ó seculo XX. Iniciado o noso rexurdir é o momento de pasar cara unha situación normalizada. Agora aparecen Ramón Cabanillas, Noriega Varela, Manuel Antonio uo Federico García Lorca, un repaso rápido por toda a literatura deste século.


Fondo procedente do Arquivo Sonoro de Galicia

Signatura: COBA - D / 136,137 - ALI / 6

Fotografías do Arquivo da Emigración Galega.

Fondo da familia Tacholas

 

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000