|
"FÁLALLES
DE NOS"
Suárez
Picallo enfervorece ós asistentes á despedida de Ramón
Otero Pedrayo
Corre 1959, e a comunidade galega de Bos Aires despide emotivamente
a D. Ramón Otero Pedrayo. É o petrucio que prepara
a volta a Galicia logo de que o réxime franquista lle levante
o castigo que compartían moitos dos nosos antergos na emigración
e que os condenou ó exilio.
Entre a
comitiva de despedida destaca a figura de Ramón Suárez
Picallo, un xornalista militante que dende 1912 está emigrado
en Bos Aires. Da súa boca saen as palabras máis sentidas
que recollen o ambiente que se viveu naquela despedida. Unha xuntanza
na que estaba presente
a comunidade galega na emigración arxentina, que loitaba
dende a distancia por manter a nosa cultura.
A figura
de Suárez Picallo resulta clave ó falarmos da emigración
na Arxentina. Director do xornal Libertad, asiduo colaborador en
prensa, escritor de narrativa e de teatro e activista militante.
Formou parte do Partido Socialista, presidiu o gremio Fedración
Obrera Marítima Argentina, membro da ORGA ata que abandonou
o federalismo, momento no que pasou a engrosar filas dentro do Partido
Galeguista.
Un perfil no que destaca a súa defensa da lingua.
Como activista
político, consciente da súa situación de exiliado
que compartía con moitos galegos, Suárez Picallo,
evidencia neste discurso as saudades por unha terra que non sabe
se volverá a ver .
Un temor que compartían moitos dos alí presentes.
Fondo procedente
do Arquivo Sonoro de Galicia
Signatura: COBA
- D / 123 - HOM / 10
|