Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega



A historia viva de Pérez Prado

Pero é unha historia persoal, a do seu pai

Como o peronismo lles afectou ós galegos

A situación dos galegos

A casa: carné de identidade

A súa visión da rede

Unha historia clásica




Antoloxía poética en Bos Aires(1956)
Suárez Picallo "Fálalles de nós"
Antonio Pérez Prado "Unha historia clásica.


[Pérez Prado en 1962 nunha visita a Trasalba, e no ultrmarinos propiedade de seus
pais en Buenos Aires]

 

 

 

 

 

 

 

 


[Antonio Pérez Prado no ano 1982]


"UNHA HISTORIA CLÁSICA "

Antonio Pérez Prado, un fillo de emigrantes que exerceu a medicina no Centro Galego de Bos Aires, cóntanos a súa historia. Unha que ben servir de exemplo dunha das moitas que produciu a emigración.

Non é galego, pero coma moitos dos nado en Arxentina, so é cuestión de circunstancias.

Pérez Prado é fillo de emigrantes galegos, que exerceu como médico no Centro Galego de Bos Aires. Pero ó lado dos bisturís Pérez Prado soubo combinar a súa tarefa como médico cos guións así como a colaboración dos medios de comunicación das sociedades da Galicia Exterior. Un interese pola cultura que lle vén na propia xenética. E que a historia da súa vida non é máis que un exemplo do que lle aconteceu a moitos galegos.

Unha historia que ben merece un libro

"Los gallegos y buenos aires"; este é o título do libro baixo o que Pérez Prado presenta as constantes da súa vida. E nas que serve para ofrecer, dende a súa óptica, como foi a situación dos
galegos na cidade bonaerense.

Pérez Prado soubo, a través do seu pai, que cada galego tiña un carné propio, un carné popular que pouco tiña que ver cos números, senón co seu propio fogar. As casas: a marca de identidade.

Como a súa historia, existen espallados na memoria de moita xente centos de historias. A de Pérez Prado é unha máis das numerosas "memorias" que nos deixou a emigración

Unha anécdota

Fillo da emigración por desavinzas ideolóxicas, Pérez Prado chegou a coñecer Galicia, a súa terra natal no 62, cun espírito libertario e cun obxectivo moi claro: acabar coa vida de Franco. Un capítulo da súa vida polo que procura pasar de esguello

Un home do pasado e do presente

Pero Antonio Pérez Prado é tamén un home do presente, do tempo actual. E nas súas conversas tamén considera a rede dun xeito positivo para a cultura, e para a velocidade da información.


Fondo procedente do Arquivo Sonoro de Galicia
Fotografías procedentes do Arquivo da Emigración Galega

 

 

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000