|

Portada de "étnika^los sonidos de Galicia"

[O músico Fasero é un dos promotores de Étnika
en Zouma Records]

Os gaiteiros Xarín están tamén representados
con dúas pezas

A portuguesa María do Ceo
|
Escaparate
Musical
Dentro dunha estratexia de marketing tan profesional como urxente
na industria musical, a discográfica ourensana Zouma
Records ven de editar "ÉTNIKA^los sonidos de Galicia",
un disco promocional dos seus artistas con vistas a conseguir unha
representatividade nos escaparates musicais español e internacional,
os directivos da discográfica.
Completamente
convencidos da calidade da música que están a producir
e sen ningún complexo nin medo escénico, os directivos
de Zouma decidiron lanzarse á conquista dos mercados musicais
cun recopilatorio - o primeiro que producen. que servira como tarxeta
de presentación dos seus artistas e da propia discográfica,
e para iso propuxéronlles ós sete artistas que aparecen
no recopilatorio que eles mesmos escolleran aquelas pezas que consideraran
mellores. Confiadas ó criterio dos artistas as catorce pezas
que forman Étnika - dous por cada un- amosan as diferentes
personalidades e os diversos enfoques que pode haber dentro da música
de raigame tradicional, alonxándo así un pensamento
bastante común que mete a toda as músicas desta base
nun mesmo andel sen atender as diferenciacións propias de
cada artista e ó estilo que se desprende da súa personalidade.
Ëtnika
é o primeiro disco recopilatorio dunha discográfica
galega concebido con fíns promocionais para os mercados nacional
e internacional. Con esta idea no libreto interior apórtase
información detallada de cada artista, en galego castelán
e en inglés. Os sete artistas que o forman - Cristina Pato,
Mutenrohi, Fasero, Beladona, Xarín, María do Ceo e
Xingra- veñen sacando discos desde hai anos con Zouma e algúns
deles están vencellados á estructura empresarial da
discográfica. Por certo que de algúns poderedes ter
a ocasión de saber mási dos seus traballos en outras
partes de RadioCG, é o caso de Fasero, Mutenrohi e Xarín,
ós que lles dedicamos outras edicións deste soportal
con ocasión da saída de cadanseu traballo.
Dos catorce
temas que compoñen este escaparate sonoro só
os de Mutenrohi corresponden con dous álbumes diferentes
dentro da súa discografía, a máis ampla de
todos os músicos representados, aínda que as dúas
pezas tamén poden atoparse dentro do seu recente album Danze
(2001). Cristina Pato elixíu dous temas do seu primeiro album
Tolemia (1999), a que da nome ó disco e "Áfrika".
Tamén a portuguesa María do Ceo está representada
neste recopilatorio con temas do album Vellas lembranzas (Alfama
producciones, 1999) que aportan o son luso á diversidad musical
do disco. Beladona remitiuse ó seu único disco Bicos
de Sol (2000), e no mesmo caso están Xingra, Fasero e Xarín,
cos seus respectivos discos Canteres (2001), Mar de Mares (2001)
e Gaiteiros do Incio (1999).
Como aseguraba
recentemente ó xornal La Region Juan Carlos Fasero, de Zouma
Records, a acollida que o disco esta a ter nos países europeos
é moi boa. Esto reflíctese nunha axenda de concertos
destos músicos que está a encherse de contratos para
actuar en varios países e noutras partes de España.
Francia e Estonia serán destinos de Cristina Pato en maio
e xullo respectivamente, en agosto Mutenrohi fara unha xira por
Escocia e María do Ceo viaxará a Italia. O éxito
do disco animou á discográfica Zouma a convertilo
en algo máis que un instrumento de promoción e levalo
ás tendas, ante unha demanda ampla o disco, do que incialmente
só se fixeran 4.000 copias, está xa a venda para o
público en xeral.
Enlaces
+Zouma
Records
+Cristina
Pato
+Xarín
+María
do Ceo
|
|