Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Rodrigo Romaní
Xarin, gaiteiros do Incio
Quinta Feira
Xistra do Coruxo
Ruxe Ruxe
José Afonso







portada do disco









XARÍN, GAITEIROS DO INCIO

Os gaiteiros do Incio son a festa en sí mesmos. Nados nas "terras bravas" do Incio, no sul da provincia de Lugo, no 1985, o seu repertorio é un percorrido pola extensa e variada música tradicional, facendo especial mención a aquela vinculada coas terras das que proveñen: o Incio e o Caurel. O seu primeiro disco "Xarín. Gaiteiros do Incio" é froito da xuntanza coa distribuidora Zouma P.A. O disco foi grabado nos estudios Areamaster de Vigo entre os dias 17,18,19 e 20 de Abril de 1.999 e na "Casa de Tolos" de Mañufre-Gondomar en Xullo de 1.999.
O disco é unha recopilacion de doce temas de todolos estilos da música tradicional, pero con especial predileccion por aqueles que se tocaban antiguamente nas festas da zona á hora de comenzar o baile agarrado. Despois de diversos cambios na súa formacion, pola que xa pasaron unhos cuantos músicos, chega ós dias de hoxe cunha formacion estable e moi compacta, cunha morea de instrumentos e tonalidades novas que non manexaba anos atras.
O grupo foi evoluíndo dende dende unha formación autodidacta ate un traballo serio de cultivo de música tradicional, da que partiron para chegar a amosar arranxos musicais que engrandecen a música das gaitas descubrindo un son refrescante que tenta revivir "a auténtica festa galega, onde a música e o baile foron e serán a mesma alma do pobo."
Os seis compoñentes desta formación compartiron escenario con agrupacións emblemáticas do folk internacional, Berrogüetto, Milladoiro, e Sharon Xanon, entre outros. O grupo ten entre o seu palmarés o 1º premio no "Festival Folk de Castroverde - Lugo" (1987), e o 2º premio premio do "Primeiro concurso do Santo Estebo. Nogueira de Ramuín" (Ourense 1998).

 

 

A páxina web de Xarín.


 

 








ENTRA NO PROGRAMA

En RCG estamos a agardar polas túas maquetas.
¿Queres que che escoiten?.


 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000