Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Princesa
La mía


Quempallou
Fía na roca
Susana Seivane
Trasmundi
Estilo Tróspiro
Henrique Otero
Fasero
José Afonso
Rodrigo Romaní
Xarin, gaiteiros do Incio
Quinta Feira
Xistra do Coruxo
Ruxe Ruxe

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Rei
Babar

No Festival Internacional de Novas Bandas celebrado recentemente en Santiago parte da representación musical galega correu por conta dun grupo coruñés de rock de directo contundente e de nome O Rei Babar. O grupo, que ven de editar a súa segunda maqueta leva desde o ano pasado dando concertos en diversas localidades, xa sexa participando en festivais ou tocando en salas.
O rei Babar pode ser un grupo descoñecido para moitos pero levan traballando xuntos desde hai catro anos, cando un grupo de amigos xuntáronse coa ilusión de poder tocar as súas propias cancións. Deste comezo, tan en común con outras formacións, saíu un proxecto que sen perder a ilusión vai tomando cada vez máis forma. A súa participación no festival de novas bandas significa un punto e seguido na súa carreira musical, paseáronse polas emisoras de radio facendo entrevistas, e puxéronse por primeira vez ante un público numeroso, ademais o festival levounos a compartir escenario con algún dos seus ídolos, como Rosendo Mercado. A experiencia, que eles non dubidan en cualificar de moi boa, tamén tivo o seu lado malo, xa que as condicións de son do recinto Multiusos do Sar non foron as mellores para escoitar ós participantes.
Esta participación no festival non foi froito da casualidade, senón dun actitude cada vez máis seria e profesional do grupo que desde o ano 2001 estivo a facer numerosos concertos en pequenas vilas de Galicia, participando en festivais como o da Xunqueira de Cee ou o Abegondo Rock.

Resaca futboleira
A maqueta de nove temas que agora presentan é a súa segunda gravación deste tipo. A súa gravación non estivo exenta de peculiaridades xa que a fixeron ás presas e correndo xusto ó chegar de Madrid para asistir á final da Copa do Rei de fútbol e coa resaca futboleira aínda no corpo. O resultado son este nove temas nos que O Rei Babar amosa un escaparate dos sons que manexa, desde as composicións máis fortes e contundentes, como Punkera, ata outras de corte máis pop, pasando polo uso de ritmos como o Ska ou o reggae, como en Princesa. As letras collen un corte intimista e persoal, no que falan de temas e persoas achegados sen renunciar a un certo lirismo poético de ton urbán seme llante ó de grupos como Extremo Duro ou Platero y tú, salvando as distancias.
O grupo, formado por Carlos -guitarra e voz-, Xosé -guitarra-, Santi -baixo e voz- e Miguel -batería-, defínese como un grupo de rock "sen moitas virtudes individuais pero que ten un bo directo que acostuma gusta á xente", nembargantes demostran ter cualidades musicais derivadas probablemente dun gusto temprano pola escoita de diversos estilos. O seu son guitarreiro delata as súas fontes musicais, sobre todo de rock español, do que fan versións nos concertos, con grupos como Platero y tú, Los Enemigos, Siniestro Total ou o mesmo Rosendo, entre outros.
Para o ano que ven o grupo pensa seguir dando concertos e movendo a súa maqueta todo o que poidan, ademais de seguir perfeccionando o seu estilo coas miradas postas en chegar ó 2003 cunha maior base musical e achegarse á musica dun xeito máis profesional que sen dúbida levaraos a acadar bos éxitos no futuro. Polo dagora O Rei Babar xa están no bo camiño.

 

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000