Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Rodrigo Romaní
Xarin, gaiteiros do Incio
Quinta Feira
Xistra do Coruxo
Ruxe Ruxe
José Afonso

 

 



 

 

 


 

 

 













Ruxe Ruxe, Non temos medo

"Ata a aboa cando muxe escoita radio ruxe". Así di unha das letras deste grupo que segue a se autodenominar bravú cando o termo xa semella ter esgotado a algúns dos seus creadores. Estes nove músicos da comarca compostelá presentan nestas datas o seu primeiro disco con toda unha declaración como título "Non temos medo" (Clave Records, 2000) .

Dos catorce temas que compoñen o traballo, todos agás un son composicións asinadas polo cantante, Victor Neira. O grupo apoia as súas pezas na forza das guitarras eléctricas, no pulo dun acordeón incansable manexado por Sebas Méndez "O neno", e na aportación doutros instrumentos como o violín, a gaita, a pandereta e a frauta todo elo sen forzar a adaptación duns sons con outros .

As letras de Ruxe Ruxe falan dunha terra real e contradictoria, como a propia xente que nela vive, amosando o que ven tódo-los días e deixando claro que aquelo que lles move a tocar son, principalmente, as ganas de se divertir.

Este "Non temos medo" pode lembrarnos sons de outros grupos xa consolidados como Herdeiros da Crus ou os Diplomáticos, pero non cabe dúbida de que Ruxe Ruxe conseguen unha persoalidade propia máis taberneira, alegre e despreocupada que estes grupos. Por enriba de todo os Ruxe poñen a diversión .

A única colaboración que aparece no disco de Ruxe Ruxe podería semellar pouco importante por non se tratar de ningún coñecido da escena actual, pero a harmónica de Guillermo Meizoso "Willy Fog" en Land Rover dallé ó tema unha presencia musical moi digna para un grupo que non se quere tomar en serio ó decir deles mesmos nunha das súas letras que "asemellan en galego ós mesmos Rolling Stones".

 

 

 


 
 

 








ENTRA NO PROGRAMA

En RCG estamos a agardar polas túas maquetas.
¿Queres que che escoiten?.


 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000