Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Albeida
Alborada tradicional procedente do arquivo de Perfecto Feijoo
Buganvíleas
Composto para cítola ou cítara, xoga a imitar a travesa cor destas prantas
Rasga o alén
Sobre un poema de Lino Braxe e coa gaita de Susana Seivane
Canción de Mendive
Poema do cubano Rafael M. de Mendive dedicado en 1885 á morte de Rosalía coa voz de outro cubano e a música de Romaní. Un aire exótico en Albeida
Sombras do paraiso
Inspirada na poesía de Luz Pozo tenta recrear o xénero da marcha procesional
Miña nai
canción tradicional, alegre, arranxada para aproveitar as capacidades vocais. As coplas foron extraídas do cancioneiro de Pérez Ballesteros
  Resumo do vídeo documental sobre a elaboración do disco en primicia na rede para RadioCG

 

Susana Seivane
Estilo Tróspiro
Henrique Otero
Fasero
José Afonso
Rodrigo Romaní
Xarin, gaiteiros do Incio
Quinta Feira
Xistra do Coruxo
Ruxe Ruxe

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 













Rodrigo Romaní, Albeida

O primeiro disco de Rodrigo Romaní en solitario, Albeida (Boa Music, 2000), presentouse en outubro no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago. O album do antigo compoñente e co-fundador de Milladoiro levantou moita expectación, xa que supón a volta ós escenarios deste arpista despois da súa separación do mítico grupo. Romaní está a presenta-la súa música en concerto nestas datas en varias cidades.
Con Albeida, Romaní pretende facer unha homenaxe á paisaxe humana do sitio onde vive, un lugar que para o músico está "cheo de connotacións imaxinativas e poéticas"

A alongada sombra de Milladoiro
Resulta imposible falar deste primeiro disco de Romaní, sen facer mención algunha á súa etapa en Milladoiro. A separación foi moi comentada no seu momento e Romaní sabía moi ben que cando presentase este novo proxecto musicaL en solitario serían moitas as veces que lle preguntarían polo tema. Pero Rodrigo comeza unha nova etapa e quere deixar clara a separación con todo o que fixera antes "teño ganada a miña libertade a base de traballo".

Un traballo persoal
Rodrigo non asegurá a continuidade desta etapa en solitario. "Quería facer todo o que non fixera antes en 22 anos, porque non lle podía impor ós demais o que eu quería", explicaba Romaní na presentación de Albeida. Na escoita do album pódense recoñecer , lóxicamente, eses fluxos de son que corrían entre Rodrigo e o seu antigo grupo Pero existe a diferencia que da un traballo persoal, concebido e na súa integridade por este músico, actual director do Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. Nas catorce pezas que o compoñen percórrese un abano hetereoxéneo e enriquecedor de sons que os arranxos de Romaní enlazan, ademáis da novidade que supón o seu protagonismo vocal como cantante .
Albeida está cheo de colaboracións de amigos e compañeiros de profesión, Susana Seivane, Anxo Pintos, Maximino Zumalave, Laura Quintillán, ademais da Orquesta Sinfónica da cidade de Praga
, a Orquestra Camerata Viguesa, o Coro fiadeiro e a Agrupación Treixadura. Todo un abano de colaboracións que arroupan este traballo facendoo menos solitario.

Así se fixo... Albeida
A gravación do disco tivo lugar nos estudios As Galesas (Outes, A Coruña) e na Casa de Tolos (Gondomar, Pontevedra)
, Todo o proceso, tanto de creación como de gravación quedou recollido nun documental realizado por Suso Iglesias, o director do Xabarín Club (tvg) e con Victorinio Lourido na cámara. Imaxes da elaboración, e comentarios dos colaboradores e amigos de Rodrigo aparecen neste vídeo de media hora de duración. En primicia para a rede podes ver dende esta páxina de RadioCG un resumo de quince minutos que se preparou para a presentación do disco ante os medios. Preme na imaxe para velo.








 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000