Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Danza
Moitos pechan os ollos/María do Carme Kruckenberg
Olla meu irmán/Miro Casabella
Palabras para José Afonso/ Xosé María Álvarez Cáccamo
A onda branca/Cesáreo Sánchez
Os cesteiros / Fuxan os ventos
Iste vaise.../Fuxan os ventos


Susana Seivane
Estilo Tróspiro
Henrique Otero
Fasero
José Afonso
Rodrigo Romaní
Xarin, gaiteiros do Incio
Quinta Feira
Xistra do Coruxo
Ruxe Ruxe


 

 

 




 

 

 



















"Galiza a José Afonso" (Edicións do Cumio, 2000) é un duplo CD que constitúe, ademáis de o seu innegable valor musical, todo un documento sonoro dun momento histórico: o concerto que reuníu en agosto de 1985 a amigos e admiradores do cantautor portugués durante máis de doce horas no Parque de Castrelos, en Vigo. Unha auténtica maratón musical e cultural na que poetas, músicos e escritores homenaxearon a Zeca Afonso, que naquel momento estaba loitando contra a doenza que o consumía. O concerto, que tiña entre os seus obxectivos reunir diñeiro para axudar o Zeca no grave momento que vivía, foi quizais o máis semellante ó Woodstock americano, que houbo nestas terras .

Crónica dunha homenaxe

O concerto tiña que ser unha homenaxe ó autor, e por iso non debería faltar algúns dos temas polos que máis loitou. Así presentaron un programa que reivindicativo da lingua galega, que servise de encontro entre galegos e portugueses. Non fallaron os timorenses todos os membros cobraron pola súa participación, cada quen o que quixo, e todos cun obxectivo común. Render unha homenaxe a unha das referencias musicais da nosa cultura no século que vén de rematar. Así, saltaron ó escenario: poetas para recitar algúns dos temas e ideas que él defendía , amigos que lle adicaron unhas palabras , músicos para recrear ó propio Zeca e pechando a homenaxe o grupo de maior resonancia musical da época, Fuxan os Ventos .

O Zeca máis social e comprometido

Se hai un persoeiro que supuxo un ronsel, unha figura ó que mirar e seguir dentro da reivindicación política, ese foi o Zeca. Co seu "Baladas de Coimbra"(1958) comeza o resplandor deste referente. Un cantor que soubo fundir con coherencia a música popular portuguesa e os temas tradicionais, dándolle un sentido e unha reivindicación política. No momento no que esta estrela se apagaba pola súa doenza, os seus amigos, sabedores de que marchaba, celebraron a súa merecida homenaxe .

 

 

Zeca Afonso na rede

Grândola Vila Morena


Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000