|



|

Xoan Carlos Fdez.
Fasero é
unha desas figuras ó redor das que xiran moitas das produccións
máis exitosas do panorama musical gallego, de feito xa tivo
tres nominacións ós Premios da Música que organizan
a SGAE e a AIE. Por outra banda foi o productor do traballo "Tolemia"
de Cristina Pato, asi como de Mutenrohi. Este músico, productor
e compositor presenta agora un traballo en solitario "Mar de
Mares" (Zouma Records,
2001). Fasero amosa a súa capacidade
de interpretación coa guitarra, mezclando o pop coa música
celta e a chamada world music .
Influencias
O son que destila Mar de Mares amosa claramente as influencias
de guitarristas míticos neste compositor. As cancións
traen lembranzas de Mike Oldfield, adicado tamén o xénero
da world music con aires celtas en algunhas das súas últimas
produccións, ou incluso de Carlos Santana, coma nunha versión
do popular "Eu chorei" .
Fasero non oculta as súas influencias, é máis,
un dos agradecementos deste traballo vai adicado "a todos aqueles
guitarristas dos que me nutrín". O músico fai
con estes 10 temas un percorrido dende aqueles que nunca se atrevíu
a grabar ás propostas máis modernas e avanzadas dentro
da world music.
Compañeiros
Como case sempre, os discos en solitario están cheos
de colaboracións, de amigos, e colegas. No caso de "Mar
de Mares" a Fasero o acompañan, ademáis dos seus
compañeiros do grupo Mutenrohi, Cristina Pato, nas gaitas,
as cálidas voces de Laura Arbiol e Cristina Barriga ,
os violíns de Ricardo Mourente, e tamén os teclados
de Juan de Dios. O disco foi grabado case integramente na "Casa
de Tolos" por Segundo Grandío, e a producción
artística correu a cargo do propio Fasero e de Grandío.
Musica do
Mundo
O concepto de world music, dentro do que xenericamente parece
encadrarse Fasero, non está moi definido, e mesmo dentro
do sector dos músico moitos apuntan a que esa etiqueta é
máis un invento das discográficas que unha verdadeira
clave xenérica.
O título do disco fai refererencia a que o mundo non remata
en Fisterra, como creían os antígos romanos, pero
que o mar que nos rodea neste rincón do planeta, o Atlántico,
é o Mar de Mares.Un mar que segue impoñendo respeto
pola súa grandiosidade e circunstancial salvaxismo.
Zouma
na rede
|