Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Jota do Gaiteiro do Fragoso. "Nacín e vivín en Lavadores (Vigo), un barrio atravesado de norte a sur polo río Lagares. Recollo nesta xota as inquedanzas persoais das que o val do Fragoso foi paciente espectador e cómplice. como sobrevivente do grupo de gaitas "Os Cruceiros", tomo a liberdade de chamrame o Gaiteiro do Fragoso e simbolizar así toda unha vida relacionada con esta fermosísimo val".
O vello gaiteiro. "Dedícolles este ritmo lento e agarimoso a todos os gaiteiros que, coma min, levan anos e anos dedicados ao mundo da gaita tratando de conservar as raíces máis profundas da música tradicional".
Badaleadoira. "O uso dun ritmo en orixe foráneo ao noso folclore como é a polca, permitiume simbolizar nesta composición o badaleo das campás que en tantas ocasións acompañan os gaiteiros nos días de romaría".
O Gaiteiro Retroncón. "Unha petición dun amigo, per precisaba unha peza para presentarse no concurso para gaita solista "Constantino Bellón" de Ferrol, levoume a compoñer "o gaiteiro retroncón".
Rumbeando con Noitarega "Noitarega é un quinteto tradicional cun longo historial dentro da música tradicional máis pura. Esta rumba nace por petición expresa do propio grupo e a el vai dedicada en agradecemento polos moitos temas por min compostos que completan o seu repertorio".
Aturuxos do Gaiteiro-Alborada Ribeirá "Desenvolvín este tema fuxindo da alborada convencional e na procura do carácter musical doutras melodías, doutros ritmos vinculados coas ribeiras mariñeiras. A agudeza da gaita fusiona o gaiteiro co seu instrumento nun berro en forma de aturuxo".



Fasero
Rodrigo Romaní
Xarin, gaiteiros do Incio
Quinta Feira
Xistra do Coruxo
Ruxe Ruxe
José Afonso

 

 

 

 

 

















O Gaiteiro
do Fragoso


Henrique Otero "O gaiteiro do Fragoso" ten xa setenta anos e moita gaita ás súas costas. Cincuenta e seis anos de profesión consolidaron o seu nome coma un dos principais mestres de gaita da segunda metade do século XX en Galicia.

Nacido en 1930 no barrio de Lavadores de Vigo, acadou facer unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Membro fundador do grupo "Os Cruceiros", de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta, converteuse a partir de 1971 en mestre gaita no Conservatorio de Vigo.

Profesor e compositor
Seu é o mérito de que se validase o estudio de gaita galega polo Ministerio de Educación, e foi o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita. Polas súas aulas pasaron algúns dos máis destacados gaiteiros da actualidade, coma o coñecido Carlos Núñez.

Como compositor realizou máis de duascentas obras nas que mestura a tradición máis fonda coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Treixadura e Noitarenga teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.

Disco
Logo da recente concesión da medalla Constantino Bellón en homenaxe á súa carreira, publícase agora "Henrique Otero. O Gaiteiro do Fragoso" (Boa Music , 2001). Un disco no que se recollen quince das súas composicións orixinais.

Estes temas amosan a pericia técnica e a sensibilidade musical do mestre Otero, e van desde os ritmos tradicionais da muiñeira ata o máis estraño da polca, todos eles empregados con grande acerto e axustando o ritmo á intención. Cada tema preséntase cun texto do propio Henrique no que explica o como xurdiu cada peza.

Na gravación atopamos colaboracións de luxo coma a de Beatriz Riobó no único tema con voz do álbum ou as de varios dos membros de Noitarenga.

Unha recuperación da memoria da gaita, dun dos pais da actual xeración de gaiteiros que levan os sons deste instrumento polos escenarios de todo o mundo, O Gaiteiro do Fragoso.

 




 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000