Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega

Turismo Rural
.Fermosa canción a ritmo de ska que conta as aventuras dun rapaz urbanita no monte galego.
Fala da lúa
Sobre as virtudes medicinais e terapeuticas da Sativa Activa.
Cando estabamos altos
Canción sobre os vellos tempos e a amizade.



Fasero
Rodrigo Romaní
Xarin, gaiteiros do Incio
Quinta Feira
Xistra do Coruxo
Ruxe Ruxe
José Afonso


o Krilin máis o Rabudo

 

 

 

 

 

















Estilo
Tróspiro


Os Trospiros de Cañha pretenden ser os representantes dun novo concepto musical: o estilo tróspiro. Segundo eles, trátase dun estilo que entronca coa tradición máis enxebre, de puro musgo e granito, e chega ate a última tecnoloxía.

A súas cancións non queren encadrarse nun estilo determinado e abarcan desde o ska, rancheras, pop, música eléctrónica... todo mesturado cunha heteroxeneidade que pretende enriquecelas...
As súas cancións, guitarreiras e de ritmos logrados pagan a pena ser oídas xa que amosan unha frescura musical que é de agradecer, as letras son ocurrentes divertidas e tocan desde os temas máis localistas a outros de carácter e alcance universais... o estilo tróspiro imponse!

Mundo Tróspiro
Pese a non ter aínda ningún tema editado, Rabudo, Krilín, e Alatorio Gonçalves, os integrantes de Tróspiros de Cañha, xa distribúen as súas maquetas usando a súa páxina en Internet para ese fin. Nela pódese acceder ós seus tres primeiros temas en formato MP3, ademais de a temas de outra xente "tróspira" coma o Colectivo Gondosende.A páxina dos Tróspiros de Cañha destila, como era de esperar, o estilo tróspiro, nela explican unha visión do mundo, divertida e ocurrente, chea de suxerencias de todo tipo, asemade liguísticas.
Eles defínense como "uns ghichos da Galicia que nos xuntamos para ver de facer algo de música", e aseguran que non teñen ánimo de lucro na súa actividade
"sobre todo por que dubidamos moito que haxa alguén disposto a pagar un só peso por escoitar a nosa música". Este grupo de xovenes músicos, que toman o seu nome dos pequenos grolos que un toma no bar mentres xoga a partidiña, semella que poden chegar a ter seguidores de seu en pouco tempo.

Os Tróspiros de Cañha na rede




 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000