|


|
O buxo do que
os Seivane levan facendo gaitas desde o ano 1939 foi a inspiración
para poñer nome a este disco "Alma de buxo" (Boa
Music, 2001). Se ben é certo que naqueles tempos no que
este prestixioso obradoiro comezaba o seu traballo, insinuar que
unha muller podería acadar un grande éxito como intérprete
de gaita sería pouco menos que unha blasfemia, hoxe en día,
gracias ó bo traballo e a sensibilidade amosados por Susana
Seivane e outras que, como ela, atoparon na gaita o instrumento
da súa expresión musical as gaiteiras están
recoñecidas como peza clave dunha nova dimensión e
trascendencia no son tradicional.
Unha xira
recortada
No
pasado mes de outubro do 2001, poucos meses despois da saída
de "Alma de Buxo" e da conseguinte xira promocional a
Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) facñía
públicos datos nos que sinalaba que a música folk
superaba ó pop e o rock en número de recitais no noso
país. Esta situación, que sitúa ó folk
coma o estilo musical moderno máis escoitado en directo,
só se dá en Galicia e en Andalucía, dominando
o pop-rock no panorama musical do resto do estado. Sen dúbida
estó é debido a xoves músicos que como a gaiteira
de Cambre saben interpretar dun xeito fresco que conecta co público
en xeral e transmite a enerxía que sae dunhas fondas raíces
tradicionais ben entendidas.
Susana amosa
aquí a madeira da que está feita e que xa deixaba
albiscar no anterior traballo "Susana Seivane" (Boa Music,
1999). A gaiteira tomouse este tempo para a elaboración das
composicións que conforman o seu novo disco.
A xira promocional de "Alma de Buxo" víuse reducida
polas circunstancias internacionais que comezaban o 11 de setembro.
Ante a evolución rápida e imprevisible dos acontecementos
a gaiteira decidíu anular os seus compromisos para actuar
nos Estados Unidos de América onde xa tiñá
concertados numerosos concertos. A crecente inseguridade sumada
a un ambiente social nada propicio nos EUA para contribuir ó
éxito da xira levaron á artista a tomar esta decisión,
sen coñecerse a día de hoxe datas para unha posible
reanudación da xira en terras americanas.
Ben acompañada
Para as trece pezas que conforman "Alma de Buxo" a gaiteira
de Cecebre arrodéase de colaboradores entre os que hai algún
que xa a acompañaba no anterior disco, como Rodrígo
Romaní, quen producira enteiramente aquel primeiro traballo
e que aquí colabora, aínda que nesta segunda producción
a propia instrumentista involucrouse totalmente, coa axuda de Brais
Maceiras ( acordeón) e Xurxo Iglesias (bouzouki), compoñentes
da banda que acompaña á gaiteira nos seus concertos
e da que tamén forma parte Beto Niebla (percusións),
Carlos Freire (batería), Iván Laxe (baixo eléctrico)
e Xavier Gastañaduy (guitarra acustica). Nas gravacións
acompañaron a Susana tamén importantes figuras da
música tradicional e folk como Kepa Junquera, Uxía
Senlle, Guadi Galego (Berrogüetto), Uxía Pedreira (Chouteira)
e o seu propio avó, Xosé Manuel Seivane, gaiteiro
e mestre artesán, que gravou duas das composicións
de su repertorio.
+Páxina
web de Susana Seivane en Boa Music
+Obradoiro Seivane
|